Discos duros ou DVDs?

Eu son dos que ten moreas e moreas de CDs e DVDs sen nome dos que non teño nin idea do que teñen. Son música, películas, xogos, manuais, videos, etc. que descarguei (en partys, por exemplo), unha enchenta de gigas! Calculo que serán uns 200 CDs e/ou DVDs cheos de datos que non sei o que son.

Qué facer con todo isto? Pois quero catalogalos, é dicir, quero saber que ten cada CD/DVD e non olvidalo, para iso este verán quería facer unha base de datos pequena e ir gardando nela unha descripción do contido de cada CD/DVD. Vaime levar a hostia de tempo, pero hai que facelo.

Pero de nada me serve facer iso se logo sego co mesmo sistema para gardar ficheiros. Por iso teño dúbidas sobre como gardar os ficheiros que xa non me caben no disco duro. Teño dúas opcións: DVDs (Blu-Ray ou HD-DVD no futuro) ou díscos duros. Cada un destes soportes ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes.

Os DVDs só teñen unha capacidade de 4 Gb polo que para unhas cousas pode chegar (películas) pero para outras como por exemplo discografías, series de televisión e videoclips non chega. Son máis fráxiles porque cun simple raiazo xa se poden perder todos os datos, ademáis non se poden borrar polo que as cousas que se poidan actualizar (programas, discografías, calidade de películas) seguirán ocupando espazo. Por outra banda os DVDs son máis baratos (1 Gb de DVD é 30 céntimos máis barata que a dun dísco duro, máis ou menos), máis portábles e os ficheiros que non vas a usar con frecuencia non ocupan espazo lóxico, só físico.

Os discos duros, teñen capacidade variable (hoxe en día arredor de 250 Gb) e se os metes en carcasas USB convírtense en portables. O inconveniente é que se tes ficheiros que non vas usar en moito tempo (como por exemplo películas) ocupan espazo físico, pero por outra banda podes acceder a calquera ficheiro ao instante. Se comparamos espazo lóxico/espazo físico os díscos duros ocupan moito menos espazo físico pero son máis caros pero tampouco tanto.

Supoño que a solución ideal é algo a medias, mercar discos duros segundo os vaia necesitando e gravar algúns ficheiros en DVDs, como por exemplo as películas.

6 reflexións sobre “Discos duros ou DVDs?

  1. el `puto blog este me borró el comentario!!!

    te decia q yo antes guardaba las cosas en dvd, pero q ahora tengo multiples discos duros, q los dvd’s se rayan y te quedas sin ellos. A mi me cunden mas los discos duros

    tienes discos duros portatiles de medio tera por poco mas de 100 euros

    mi viejo se compró este finde uno de 250 con conexion a la tele, por 140, buah, no veas como mola, xD

  2. Pois eu ando últimamente a favor dos discos duros externos.
    Agora que mudei e pechei definitivamente o Windows (o instalei fai un rato virtualizado co VirtualBox no meu ubuntu e ando a ver co Photoshop)…sempre tiña que grabar dvd’s e tal e nada, agora tirando de disco duro e se nota o gustazo 😉

  3. Pois eu estou a mar de contento dende que me merquei un disco duro portátil 🙂 E o disco do ordenador portátil vello saqueillo, merquei unha carcasa e regaleillo á miña irmá.

    O que sí estiven pensando foi mercar un dos grandes (de máis capacidade e máis baratos) para meter nel as películas e telo na casa .

  4. Siento romper el encanto, pero tienes programas catalogadores que pueden ayudarte a identificar el contenido de los CD y DVD.

    Vas metiendo los CD y DVD uno tras otro y ya te categoriza todo por disco, tipo de archivo, o lo que quieras.

Os comentarios están pechados.