Mensaxeiro instantáneo

Hoxe en día case non se pode concebir internet sen algún tipo de software que che permite comunicarte cos demáis. Estou a falar dos programas IM.

Ao principio de todo, ala polo 2000 ou 2001 eu usaba o IRC (mIRC + PhAnATiC ScRiPT) e o chat do Napster, durante un tempo usei o Yahoo Messenger pero ao final deixei de usalo. Estiven nas redes do IRC durante bastante tempo ata que, como todo o mundo, paseime ao Windows Messenger. Despois, coas actualizacións, o Windows Messenger convertiuse no MSN Messenger e finalmente no Windows Live Messenger, que é o que uso agora xunto ao GTalk. Para VoIP uso o Skype e en GNU/Linux utilizo o aMSN e/ou o Gaim (agora Pidgin), e tamén probei o Gajim.

Pero… cal é o mellor?

De todos os os IM (independentemente da plataforma), o que máis me gusta esteticamente é o Pidgin, simple, bonito e configurable. Agora ben, en canto a funcións o que máis me gusta é o Windows Live Messenger. Hai funcións que uso moito cos meus contactos da rede MSN, como o zumbido (nudge), a webcam, o envio de son, os guiños, os mensaxes manuscritos (mensaxes debuxados), e poder coller os smileys personalizados de cada contacto. E tamén se bota en falta a extensión Resaltado do Kopete. Aínda que son unhas funcións chorras e pode que molestas, bótome unhas risas cos meus colegas.

Desgraciadamente o Pidgin non ten ningunha desas funcións polo que, como uso dúas redes (MSN e Jabber) en Windows terei que usar Windows Live Messenger e GTalk e en GNU/Linux aMSN (anti-aliasing script) e Pidgin. Por iso, aínda que Pidgin sexa o máis bonito (para min) esteticamente lle faltan unhas cantas funcións:

  • Soporte para webcam.
  • Soporte para envio e recibo de son.
  • Botón para facer un zumbido nas redes MSN. Ten o comando /nudge pero non ten o botón.
  • Poder coller os smilyes dos teus contactos.
  • Enviar e recibir guiños cos contactos da rede MSN.
  • Enviar e recibir mensaxes debuxados cos contactos da rede MSN.
  • Poder resaltar (e reproducir son) algunha palabra (que ti elixas) dos teus mensaxes entrantes.

Se Pidgin implementase todo iso, ou incluso non todo, conformome só con algunhas cousas, sería o meu IM preferido, e o usaría tanto en Windows coma en GNU/Linux. Dáme igual se se implementa mediante plugins ou no programa en si pero sería xenial que o Pidgin implementase todo iso.

De momento conformareime así, e agardarei a novas versións que parece que vai a haber cambios. E enviarei tickets para as funcións que non vaian ser implementadas.

2 reflexións sobre “Mensaxeiro instantáneo

  1. Pingback: University Update - Linux - Mensaxeiro instantáneo

  2. Que bueno IaRRoVaWo, debemos de ter as mesmas inquietudes, acabo de escribir un post no meu blog falando tamén do Pidgin 🙂

    Eu, dende hai un par de semanas teño como programa de mensaxeria “por defecto” o Pidgin e só arranco o Messenger cando quero usar a webcam ou mandar algún guiño. Se lle van metendo algunha cousiña mais inda que sexa pouco a pouco, penso que o Pidgin pódese converter no programa de mensaxeria de referencia.

    Saudos.

Os comentarios están pechados.