Incultura activa e incultura pasiva

Todos somos incultos. Non é nada malo, e incluso pódese considerar que é algo bo.

A maioría somos incultos pasivos, non temos nin idea dun determinado tema pero nin falamos nin opinamos sobre él, e ás veces intentamos aprender. Ás veces tamén somos incultos activos, é dicir, aínda que non temos nin idea dun tema, falamos e opinamos como se tal.

Ser inculto activo é algo malo nalgúns casos, pero hai persoas nos que este tipo de incultismo é grave, como por exemplo os periodistas. Practicar a incultura activa nunha profesión que se supón que consiste en informar obxetivamente non é unha boa cousa, ás vece sucede por obrigación, outras por estar mal informados e outras porque se é mal periodista.

Este post ven a conta de Sara Gallardo, redactora da revista Escaparate de Sevilla. Nesa revista, Sara, escribiu unha columna de opinión na que falaba dos frikis, dicindo barbaridades como que todos os frikis teñen acne, son altos, delgados, non se duchan e teñen o pelo grasento. Ou que os geeks son os líderes dos frikis porque saben de todo: informática, rol, manga, internet, comics, star wars, spiderman, etc. Pero o mellor de todo é que todos os frikis son ateos e comunistas-republicanos.

Podedes ler o artigo clicando aquí, e tamén a viñeta que fixo Geek in love. Lede o artigo, non ten desperdicio, ademáis de dicir moitas tonterías comete moitas faltas de ortografía.

Non é que este indigando por como tratan aos frikies e non por outras cousas que se pode ver e ler na prensa… pero é que isto é a maior merda que vin dende vai tempo.

5 reflexións sobre “Incultura activa e incultura pasiva

  1. Increíble o artigo… sorprendente que xente así escriba nunha revista. Desgraciadamente terei que topar con eles na profesión… hehehe.
    Un saudiño, non llo teñas en conta, con esa gramática e os estereotipos que manexa dudo moito que alguén a tome en serio.

  2. Esto… y si le devolvemos la jugada a esa “pija”… no se… tendra alguna cuenta de hotmail que use en el mesenger o alguna forma de tocarle las narices.

    ahora en broma.

    podriamos atarla a una mesa rodeada de gallinas con tetas postizas.. podriamos hacer una peli X o asi… ya sabeis …

    XD XD XD…

  3. Moi boa a análise de incultos activos/pasivos. Sei de moitos incultos activos, e a súa ignorancia chega a ser bastante perigosa.

    Con respecto ó artigo desta señorita… que dicir… ves a leguas que non ten nin puta idea do que está a falar. O primeiro que debería aprender é que friky, freak e geek son a mesma cousa, algo así como tonta, parva e silly.

Os comentarios están pechados.