Época de exames

Agora que estamos na época de exames toca concentrarse e liberarse de calquera distración e como unha das maiores distracións, polo menos para min que estudio co portátil, é internet pois toca controlar o seu fluxo.

Para iso vou facer agora mesmo unhas cousas para que a tentación de conectarme e navegar por internet sexa mínima.

  • Establecer Google como páxina de inicio. Dígolle un ata logo a Netvibes, para que ao iniciar o firefox non perda tempo lendo os RSS que ahí teño.
  • Desactivar o Google Reader Watcher. Esta extensión para o firefox sempre che esta a avisar de que tes cousas por ler e é unha auténtica distración. Aparcarei a miña lectura habitual de blogs ata que remate a época de exames (o 6 de xullo). Agora o Google Reader está por 155… a saber como estará dentro dun mes.
  • Pasar webs e/ou weblogs que quero/teño que ler aos Marcadores. Ben sei que isto me distrairá, pero hai webs que leo por RSS no Netvibes ou no Google Reader e que por unha cousa ou outra terei que ler de vez en cando, polo que é mellor que garde as súas direccións nos marcadores do firefox e así non perdo tempo buscandoas xunto a todos os meus RSS, que iso si que me pode distraer moito.
  • Controlarme polo twitter. Seica hai xente que lle saca unha utilidade práctica a isto do twitter, e é controlarse á hora de traballar… algo así como obligarte a ti mesmo a escribir o que deberías estar a facer e facelo. Probareino a ver se este método funciona.
  • Borrar todo tipo de historial, opcións de formulario, etc. É unha tonteria pero vou pasar o CCleaner para así borrar os historiais do firefox, así cando teña que escribir unha URL na barra de direccións ou algo na búsqueda de google, non se me amosarán outras cousas que me poderían distraer… non sería a primeira vez que me pasa :-).

Estarei quasi-incomunicado ata que rematen os exames, para calquera cousa o mail :-).

4 reflexións sobre “Época de exames

  1. Grazas á tua entrada descubrín a extensión Google Reader Watcher… caralluda! xa podo quitar o Google Reader da barra de marcadores do Firefox.

    Sorte cos exames!

  2. elianinha, polo menos teño que intentalo, outra cousa é que o consiga, hehe 🙂

    Suevo, pois a verdade é que si, é unha moi boa extensión que está escondida e te avisa cand o ten que facer xD

  3. Pingback: Estrela Negra » Xa están aquí…

Os comentarios están pechados.