República ou Monarquía?

Joan Planas en Tengo 1 Pregunta lanzou á rúa unha moi interesante pregunta:

¿Debe existir la monarquía?

A verdade é que levaba tempo querendo saber que é o que opinaba a sociedade española con respecto á república. Segundo as respostas (que foron nun barrio de Barcelona e non en toda España, pero bueno) teño que dicir que non me sorpenderon, esperaba algo así.

Básicamente (e sempre segundo a miña opinión) na sociedade española hai máis persoas republicanas que monarquicas, moitas máis. Pero aínda son máis os indecisos ou os que pasan do tema. Unha proporción, de como eu o vexo, sería que o 5% está a favor da monarquía, o 15% a favor da república e o resto (65%) indecisos que pasan do tema e que nun hipotético referendo poderían votar a favor ou en contra.República

O Rei puido ter a súa función durante a transición pero agora xa non sirve para nada (nin el nin a súa familia). A monarquía non ten razón de ser, nin histórica nin social.

Para ben ou para mal asóciase a palabra república coa II República española e a todo o que iso conleva (guerra civil, franquismo). Este é o gran problema que ten hoxe a república para que cale na sociedade española. Pero hai que facer ver que Franza, os EUA, Brasil, México, Italia e moitos países son repúblicas e non botan de menos a un rei.

Aínda así cada vez hai máis xente que se da de conta que a monarquía non sirve para nada, so falta que este debate (monarquía ou república) salte aos medios de comunicación.

Atrévome a dicir que tarde ou temprano a república chegará a España, pouco a pouco chegará o referendo. A Infanta Leonor NON será raíña e pode que o seu pai tampouco o sexa.

7 reflexións sobre “República ou Monarquía?

  1. De acordo en todo, excepto no de que os indecisos votarían a favor ou en contra. Simplemente non o farían, sobre todo porque non imaxino de onde viría a campaña mediática para manter a monarquía… da casa real? Non creo q fosen tan ruíns.

    Eu tamén agardo que Felipe non sexa rey. Que o derradeiro sexa Juancar, que é moi “campechano” él.

  2. Home… eu supoño que os indecisos votarán a favor ou en contra porque supoño que haberá unha campaña electoral… o tampouco sei é quen estará a favor, o PP? Mm… pode ser…

    De todas formas se se fai un referendo seguro que gaña a república sempre e cando se faga unha boa campaña.

  3. O peor sería convocar o referendo, perdelo (os republicanos digo)-acordadevos do que pasou coa constitución europea- e que a Leonor non fose raíña senón Marichalar e Felipe Juan Froilán……….eu emigro………..

  4. Tan de bó pugui veure amb els meus ulls la Tercera Republica però la jugada del dictador restaurant per segona vegada a la història d’Espanya la monarquia borbònica em fa ser bastant escèptic. Tot està lligat i ben lligat i mostra d’això és aquesta monarquia parlamentària hereva del franquisme que silencia la legitimitat de la Segona Republica i perpetua l’Antic Règim que tant va costar derrocar. Sota el nom de transició s’amaga el de restauració, durant la qual vam haver de triar entre seguir com estavem o bé proclamar la monarquia. I assobre n’hem d’estar contents!

  5. E verdade que em Espanha hai muitas persoas que som republicanas , mas hai que ver que os catalanes son los mais republicanos.

  6. Eso que comentas no es cierto, en España la monarquía cuenta con el apoyo de la mayor parte de la población, entre un 70% y un 80% según las encuestas. El resto son idecisos y republicanos, pero estos son minoría y el único partido que les respalda, Izquierda Unida, tiene 5 diputados de 350.

Os comentarios están pechados.