Moleskine

MoleskineUnha moleskine, ou, un moleskine é un caderno especial, ten dúas características: a súa calidade e o seu romanticismo.

É un caderno que seguro víchedes algunha vez na televisión, por exemplo en Amelie, K-Pax, Shall We Dance ou Magnolia entre outras. E é que as moleskines teñen historia. Foi usado por personalidades da talla de Picasso, Hemingway, Van Gogh, Oscar Wilde, e moitos outros personaxes vangardistas e bohemios da época. Era unha libreta de viaxantes fabricado case artesanalmente en París, de onde se surtían todos estas persoas.

En 1986 morreu o derradeiro manufactureiro das Moleskines levando o segredo da súa fabricación á tumba. Pero grazas a Bruce Chatwin que as describerá moi ben, Modo et Modo, unha empresa italiana, comezou a fabricalas en 1998 coas descricións de Chatwin, chegando así ata hoxe.

A súa calidade é moi boa. Son de diferentes tamaños con tapas dun tipo de pel chamado moleskin, que fai que a tapa sexa dura e resistente. Ademáis teñen unha goma elástica que impide que se abra e se fodan as follas. Hai moitos tipos de moleskines, xa non só o tipo de papel (pautados, cuadriculados, especiais para acuarelas, en branco…) senon que tamén hai axendas, guías telefónica, e agora hai unhas guías urbanas de cidades que traen mapas e moita información.

As moleskines son moi populares en todo o mundo, hai moitos blogs que falan delas e moitas webs sobre elas. Cabe destacar a web MoleskineArt que trata sobre arte (debuxos, collages, etc.) fita nunha moleskine, e máis, o grupo Moleskinerie e o tag Moleskine no Flickr.

Eu teño unha, pequena, na que anoto ideas, historias, collages… cábeme nos petos e a levo a calquera sitio!

3 reflexións sobre “Moleskine

  1. Eu xa vou coa terceira. Esta é unha axenda anual na que levo conta do traballo (é o que ten ter que facer memorias de cando en vez).
    Por buscarlle algún defecto ás miñas adoitan rachar polo lombo (ao mellor enchoas moito de papeis).
    Sorprenderonme gratamente as das cidades, como dis, dun tamaño ideal para levar no peto e con moita información necesaria para unha visita.
    🙂

  2. Eu xa levo escrito unhas ideas para un xogo de rol de mesa, uns haikus e feito un collage. Levoa sempre conmigo, por se me ven a inspiración e para non aburrirme como diciía Oscar Wilde. 😛

    Se vou de viaxe a algunha cidade con “moleskine propia” mercareina a ver que tal.

Os comentarios están pechados.