Chef IaRRoVaWo

Encántame experimentar na cociña, facer receitas propias. Os que me coñecen xa o saben e por iso poucas veces me deixan cociñar… pero cando teño que cociñar para min só teño que aproveitar.

As miñas receitas fánse simplemente co que hai na cociña e sorpendentemente saben ben, ou polo menos a min sabenme ben. Algún día recopilareinas e poreille un copyright :-).

Pero como son bo, vou explicar aqui a receita que acabo de cear. Esta é unha receita especial para macarróns (sempre son macarróns…) e é moi fácil:

  • Enchemos unha pota de auga e poñémo-la a ferver.
  • Botámoslle aceite e sal.
  • Deseguido, e antes de que ferva, botamos perexil e avecren.
  • Seguimos botando aceitunas (sí! aceitunas!).
  • Despois botamos un pouquiño de pan raiado e opcionalmente tamén podemos botar calquera cousa que atopemos pola cociña.
  • Botámos un chorro de cervexa.
  • E removemos de vez en cando mentres a auga non ferva.
  • Cando a auga ferva metemos os macarróns.
  • Despois de 10 minutos removendo de vez en cando, xa temos os nosos macarróns!

Aínda que non o creades sigo vivo e estaban riquisimos!

6 reflexións sobre “Chef IaRRoVaWo

  1. ¿e nada máis? onde está o queixo raiado? o tomate frito? o hovo cocido? o orégano? nah nah, vese que te falta experiencia na cociña experimental!!! xD

    Iso ou e que ainda non hai pasta na conta bancaria

    PD.: As aceitunas sen cocer home… jajajaja algún día publicarei a miña receita mundialmente coñecida como “pisto” ainda que non ten nada que ver

  2. Sen dúbida estarán deliciosos. A min dáseme moi ben o de cociñar aínda que voces críticas xurdidas do meu entorno me consideren un terrorista gastronómico por atentar contra a dignidade dos alimentos.

  3. Neeno, home, logo boteille tomate frito… pero é que non había nada máis na cociña… podía botarlle trociños de pan bimbo pero igual iso xa era un pouco “jevi” xD

    A Randeeira, pásame igual ca ti. Somos uns incomprendidos adelantados ao noso tempo xD

  4. hehe, a min tamén me vai iso de experimentar… só que a min sempre me poñen a cociñar.

    O que nunca lle botara eu son as aceitunas e o pan raiado… a cervexa sí, gústame compartila coa miña comida! XD Unha pra ti, dúas pra min, unha pra ti…. hahaha

Os comentarios están pechados.