Sen tempo e sen organización

Ando metido en mil lios e aínda por riba chega a época de traballos e exames, o que fai que non teña todo o tempo desexado para adicarlle ao blog. Hai miles de cousas que non escribo e que non escribirei porque non teño tempo e xa pasaron de moda.

Bueno, máis que tempo, seguro que é unha mistura entre tempo, organización, procrastinación e preguiza. Isto é algo que quero solucionar, sobre todo agora que xa esta ahí a época de exames e se acumula todo.

Por iso, e despois de descubrir no blog de Andrés Milleiro o libro Organízate con eficacia (que parece que funciona) decidín mercalo aquí en Compostela. O libro ten moi boa pinta, de feito deixeillo unha tarde ao meu compañeiro de piso que leu un capítulo por enrriba e di que está bastante ben. Agardo que me axude.

Namentres podedes lerme nalgúns sitios para os que si teño tempo, ou non necesito tanto tempo como para este blog. Podedes lerme en Trebellos, o primeiro blog comercial sobre gadgets en galego, en Cornucopia, un blog colaborativo (aínda non está operativo), en Mocos Locos Mentales, un experimento de tumbleblog (a última moda!), e por suposto, podedes saber o que estou a facer no Twitter.

A ver de onde saco tempo para ler o libro!

Actualización: Olvidouseme comentar que tamén podedes lerme en Frases das rúas.

4 reflexións sobre “Sen tempo e sen organización

  1. Eu o libro sempre o lexo cando vou a Madrid no tren ou subo dende Salamanca en tren á casa…ti por exemplo indo a Marín 🙂
    A verdade que está moi ben, pero para, por exemplo, ler un capítulo e aplicar o que dí…lelo con calma 🙂

  2. Supoño que lerei o libro no tren e cando teña algún tempiño por ahi.

    Eu tampouco creo que teño salvación pero bueno, esta vez intentareino a ver se é verdade que funciona.

    Suevo, eu merqueino en Follas Novas en Compostela pero podes mercalo tamén por internet nalgunha tenda online, custa uns 13 euros.

Os comentarios están pechados.