IaRRoVaWo VS Murphy (3)

Á cuarta irá a vencida? Non o sei e creo que tampouco quero sabe-lo.

Empezo a pensar que son gafe ou que hai un poltergeist na miña casa porque o que me pasa é máis raro que unha muller negra-musulmá-árabe-lesbiana-comunista presidenta dos Estados Unidos de América (levo tempo querendo dicir iso xD).

O portátil chegoume o venres e foi todo sen problemas, instalo programas, configuro, todo ben. O sábado pola mañá igual, todo ben… encendo o portátil, funciona ben pero o internet non ía. Era problema do router pero por si acaso reinicio e… misteriosamente xa non pasa da bios xDD… xa o tomo a risa. Ala, outra vez sen portátil. Dende febrero foi 2 veces á fábrica e aínda estou sen poder utilizalo…

Pero agarden, a cousa non acaba ahí. O PC de sobremesa funcionaba ben (e digo funcionaba) toda esta semana, e o venres inclusive, pero foi chegar o sábado á maña… e non carga Windows XP xDD. Xa nin me estrañou. En fin… os dous ordenadores que teño out of service misteriosamente. E non, eu non son das persoas que anda a trastos con eles ou que lles instala cousas raras e de dubidosa procedencia pero… Murphy miroume mal, que lle vou facer.

O do PC de sobremesa solucionouse formateando (perdin todas as descargas do eMule) pero o problema e que non tiña CD de Windows XP e misteriosamente nin Ubuntu nin Kubuntu querían instalarse. Atopei un CD de Windows XP Fenix Team que me deixara un amigo e instaleino, pero resulta que ese S.O. é unha merda, feo, inestable e aínda por riba teño o teclado desconfigurado. Instaleille o uTorrent e descarguei o Windows XP UE v6 recomendado por Andrés, o cal levoume toda a tarde.

Despois de postear instalarei esta versión do Windows XP a ver que tal vai, espero que sexa máis estable e poder instalar o Microsfot Project que o necesito para entregar un traballo o luns… non vos imaxinades o atrasado que vou cos traballos e prácticas na universidade.

3 reflexións sobre “IaRRoVaWo VS Murphy (3)

  1. Pois si que andas gafado!

    O Windows XP UE v6 é o que teño eu instalado e até o d’agora non me deu ningún problema, tardas un pouco en mete-los drivers do hardware pero tamén aforras en instala-los programas mais empregados.

    Supoño que xa o faras, pero, para non perder nada o millor ter o sistema operativo nunha partición exclusiva pra el sen nada mais e os datos noutra (tamén o “incoming” e “temp” do emule) 😛

    Perdoa se quedo moi “profesor” pero é deformación profesional 🙁

  2. Acabo de instalar o Windows XP UE e estou flipando do bo que é hehe.. sobre todo cos programas que ten e non coñecia como o TuneUP Tools, moi bo.

    Xa teño Windows nunha partición aparte (de feito, tamén teño linux noutra partición aparte) para así ter os meus ficheiros nunha partición a salvo dos numerosos formateos de Windows xDD.

Os comentarios están pechados.