IaRRoVaWo VS Murphy (2)

A 33 horas da party quedei sen PC, o que faltaba. E todo por formatear e logo intentar instalar windows, algo que fixen moitas veces. O caso é que esta vez, despois de formatear e meter o CD de Windows XP, o ordenador dicía que non era capaz de cargar o ficheiro setuphdd.sys, e así con varios CDs (de Windows) distintos, con lectores distintos e con discos duros distintos. A cousa non ía. Incluso intentei instalar Ubuntu e Kubuntu (non podería xogar pero algo é algo), pero cando arrincaba o Live CD… kernel panic.

Menos mal que unha compañeira de clase que tamén asistía á party deixoume o seu portátil que se non non podería ir. Ao final todo ben, sen problema algún co portátil, menos mal…

Despois da party levei o PC á tenda e expliqueilles o que pasou… non me fixeron caso (pensaban que era problema do CD) e hoxe (sábado) por fin teño outra vez o PC na casa cun disco duro novo de 80xbs (aínda que non sei por que.. se o outro probeino e funciona ben… polo menos de esclavo) e supoño que cos drivers da placa base actualizados.

Todo isto dos ordenadores, será cousa do demo Murphy…

P.D.: Proximamente un post sobre a XGN.

3 reflexións sobre “IaRRoVaWo VS Murphy (2)

  1. tienes ese errror con diferentes discos (siempre el mismo fichero o distintos).. linux te da aviso de kernel panic… y te cambian el disco duro?… mm mmm mmm… funciona todo?

    no es por nada .. pero.. todo informatico que se precie tiene:
    un cd linux live cd… lo mas normal es que ahora incluyan alguna utilidad del estilo mentest
    una copia del hirens y ya se que no es muy legal
    como alternativa prueba ultimate boot cd.

    asi rapidamente haces un test de memoria y del estado s.m.a.r.t del disco duro.

    saludos.

    info sobre que es hirens
    http://www.hiren.info/pages/bootcd
    ultimate boot cd
    http://www.ultimatebootcd.com/

    pd: tio te pasan todas. 😀

  2. Xa.. pasar pasan de todas.

    O erro dába sempre no mesmo ficheiro… e eu tamén quedei un pouco estranado con que cambiaran o disco duro…

    Pasei un test do disco duro que tiña no hirens.. e dicia que todo estaba ben.. a saber que fixeorn na tenda..

  3. Pingback: Estrela Negra » Resumo da XGN 07

Os comentarios están pechados.