Xuventude Galiza Net 2007

Este ano coma xa é costume celébrase en Compostela a XGN, unha das partys máis importantes de España (a terceira se non recordo mal). Por segundo ano asistirei e con máis ganas que o ano pasado.

Este ano houbo algo de polémica xa que o servidor petouse xusto no momento da inscripción polo que moita xente que levaba esperando 30 minutos antes da apertura tivo que estar 10 minutos (despois da apertura) sen poder inscribirse. Ao final non foi para tanto e entrou (case) todo o mundo. Para que vexades a diferenza do ano anterior a este, no ano pasado as prazas acabaronse aos 30 segundos e este ano acabaronse aos 15 minutos.

Este ano irei co meu portátil xa que é mellor que o PC e é máis cómodo. Aínda que nestes momentos ha de andar por Barcelona ou Berlín… onde carallo manden os Acer a arranxar…

Principalmente irei a compartir ficheiros que como todos os anos supoño que se fará a través do Direct Connect. Participarei no torneo de CS e de Quake III aínda que sexa só por iso de que o importante é participar… porque o que son posibilidades non teño, son malo neses xogos. Tamén penso participar no concurso de fotografía, lanzamento de CDs, descubre Santiago, e o Real Time Battle (a cousa máis friki do mundo). Por suposto tamén intentarei asistir a todas as conferencias posíbeis.

Intentarei ter todo apunto pero como todos os anos non vai a ser así e vou chegar ao pazo de congresos co disco duro cheo de cousas e sen facer ningún back-up.

Vemonos alí! Para máis info visitade o blog non oficial da XGN.

3 reflexións sobre “Xuventude Galiza Net 2007

  1. Pingback: knithx.net

  2. Pingback: knithx.net

  3. Pingback: knithx.net

Os comentarios están pechados.