GNU/Linux non é Windows

Moitos din que en GNU/Linux están os mesmos programas (ou programas similares que fan o mesmo) que en Windows e vice versa. Pero isto non é certo, por moito que o digan hai software que non hai nun S.O.

WINDOWS XP NON TEN BERYL!!!!

Así de forte! Despois de estar un mes usando exclusivamente Ubuntu 6.10 teño que traballar forzosamente en Windows XP (porque non sei como conectar cunha BD en Java dende Linux… ) e o primeiro que fixen (despois de dárlle a aceptar nunha ventaniña de erro do antivirus) foi pulsar Ctrl+Alt+Click e mover o rato… e resulta que o escritorio non se transformou nun cubo! Incríble!

Vale, podo pasar sen beryl durante unha temporadiña. Bueno, vou poñer música… Ahh!! Onde esta o amaroK? Existe a música sen amaroK? Buff… vaia sistema operativo o Windows…

Por moito que digan, hai programas en GNU/Linux que non hai en Windows, nin sequera programas similares. Non entendo como hai xente que aínda usa Windows… xD

9 reflexións sobre “GNU/Linux non é Windows

  1. Hai distribucións live-CD que xa cho traen preinstalado xD. O bo é que aparte de ser moi vistoso e con moitas caralladiñas tamén ten cousas útiles.

  2. Pois eu non conseguín metelo co Ubuntu, maxino que é miña gráfica , que é integrada en placa base. Por certo, instalei Fedora, que me falaron ben del, pero a ver, polo dagora estou en Windows, que necesito o Photoshop e o Illustrator e non os teño no Linux 😉

    P.D-En 20 mins a XGN^^

  3. Haha, pasoume a min o mesmo que tiven que estar 1 mes de volta no Win do carallo. COstoume e eso que o cacharro non me dá pro Beryl.

    eu son dos da openSuse+kde))

  4. tienes wine para ejecutar photoshop y ilustrator en linux.. de todas formas.. alternativas las tienes con the gimp e inkscape o skencil…

    sobre como acceder a una Bd desde linux.. depende de que tipo de base de datos sea o donde se encuentre.. si esta en un servidor linux de la facultad entra por ssh y si es mysql a base de comandos logras mucho.. de todas formas.. con wine funciona mysqladministrator bastante bien.

    animo animo animo.. siempre queda el consuelo que los juegos van bien en XP :D…(en vista parece que no tanto… parece que el half life2 no tira del todo bien)

    pd: para los que no tienen mucho equipo… como es mi caso.. hay que estar atentos a metisse (mandriva power)
    pd2: tento instado en xubuntu la distro triskel gracias a qemu!!!.. has pensado en instalar xp con qemu y asi no tienes que salir de linux para nada?

  5. Eu tamén voto cousass de menos cando uso Windows, máis sexamos honestos. Cando uso Linux voto moitas máis cousas de menos.

    O que eu de verdad non acabo de comprender é como a xente merca Apple. Bueno, eu teño a miña propia teoría: son xente víctima da publicidade engañosa que se guía por rumores de que Apple é “meior” e máis robusto.

    Supoño que se basean na época dos 90 para afirmar isto. E dín que para traballos coma o diseño gráfico ou a edición de video e música profesional é necesario un Apple… si, cóntame outra. Os mesmos programas tamén os hay noutros S.O. (anda, en Linux non hay Photoshop …)

    Sexamos honrados Misha, o uso de wine é un caso extremo que difícilmente dá resultados satisfactorios.

    En canto ó de que non podes conectar cunha BD dende Java… non sei resúltame chocante que si o podas facer dende Win e non dende Linux. ¿Qué xestor de BBDD utilizas?

  6. Neeno, non sei se Mac é mellor ou non.. pero teño ganas de probalo. O que chama de Mac é o seu deseño e a súa facilidade para algunhas cosuas.. supoño que será por iso polo que a xente o merca. (quero un iBook!)

    O asunto da BD xa rematou… estaba cun proxecto de Java e o programa tiña que conectarse a unha bd de Access… o cal non o conseguín :(.

  7. Pingback: meneame.net

Os comentarios están pechados.