Procrastinando

Descubrín hai pouco que son procrastinado (aínda non sei como carallo se pronuncia) e sufro de procrastinación. E algo inculto tamén son porque sempre veo leo na blogosfera este palabro e pensaba que era algún tipo de broma (que eu non entendía) sobre o podcasting ou algo similar… supoño que sería porque as dúas palabras teñen un p, un o, vamos, que pra min comezan parecido.

O caso é que descubrín o outro día o que era. É algo así coma aplazar o que estas a facer, xa sexa un proxecto persoal, un proxecto do traballo, o que sexa, para facer outra cousa que se che acaba de ocurrir. E antes de rematar esa cousa que se che acaba de ocurrir, poste a facer outra cousa, e antes de rematar, comezas outra cousa…

Eu pensaba que isto pasábame só a min porque era moi vago, pero cando descubrín a procrastinación atopeime con que non era o único, que ao parecer é algo moi común en todas as persoas que “viven” (entre comiñas) na internet ou dos ordenadores e parece que é algo serio. Agora vou intentar ser menos procrastinado, organizarme mellor e intentar facer as cousas, senón este segundo cuadrimestre non vai ir moi ben…

Antes definiame como vago ou preguiceiro… agora me defino como procrastinado que soa máis friki :-).

7 reflexións sobre “Procrastinando

  1. eu tamén sufro de procrastinación, ademais de xeito moi grave, e non so coa internet … agora, penso quitar rapidamente para evitar ter que aprender o palabro.

  2. Aínda teño por diante dúas semanas de procrastinación… digo de estudo. No segundo cuatrimestre tamén intentarei procrastinar un chisco menos.

    Curiosa palabra…

  3. A loita continua! (en contra da procrastinación)… Agora que rematei os exames a ver se non procrastino e consigo terminar unha lista das cousas que teño/quero facer para non procrastinar tanto.

Os comentarios están pechados.