Vou ser FONeiro

Un amigo invitoume a unha foneira e aceptei. Para os que non o saiban, o movimento FON consiste en compartir a túa wifi para que os demáis se poidan conectar a ela, e así, ti tamén te poidas conectar a outras redes wifi do movimento. Podes cobrar para que a xente se conecte a túa wifi (pero neste caso ti tamén terás que pagar para conectarte a outras wifis) ou podes deixar que outros foneiros se conecten gratis, desta forma ti tamén poderás conectarte de balde.

O movimento FON ten moitas críticas na blogosfera española, quizais porque este tipo de cousas deberían ser levadas por unha asociación ou por un conxunto de usuarios e non por unha empresa. De todas formas a idea é boa aínda que non se leve a cabo da mellor forma.

A FONera é un trebello que se conecta ao teu router para poder compartir a túa conexión e o único requerimento é que ten que estar acesa polo menos unha vez por ano (se non terás que pagar 30 €) e cando queiras conectarte a outra wifi FON, a túa FONeira ten que estar activada.

Eu non creo que use outras redes FON moi amiudo, pero non me custa ter activado a FONera unha vez á semana, ou algún día e pode ter vantaxes, xa que se vou de vacacións podo ter sorte e atopar algun punto FON operativo e conectarme dende alí, o bo disto é que FON é a maior comunidade wifi polo que podo atopar algún punto en moitos paises. E ademáis, os mobiles con wifi e VoIP son o futuro polo que non esta mal ir apuntando se :).

A FONeira chegarame dentro dunhas semanas (se todo vai ben), saiume gratis aínda que custa uns 30 €uros, e supoño que cando me chegue tamén poderei invitar a alguén.

4 reflexións sobre “Vou ser FONeiro

  1. Eu tamén collín unha foneira do mesmo xeito, están ben, pero a cousa está controladísima dende fon…, ei de mirar se se pode facer algo con ela (hackeala) e xa che contarei.

Os comentarios están pechados.