Propósitos para o 2007

É costume facer cada aninovo unha lista de propósitos que vas tentar cumplir nese ano novo no que entras. Eíqui están os meus propósitos para o 2007 (ordeados ao chou):

  • Adelgazar.
  • Migrar completamente a Linux (Ubuntu) e deixar Windows para usos necesarios.
  • Sentarse ben nas cadeiras (coidar a espalda).
  • Traballar máis, tanto na universidade coma nos proxectos persoais. O que ven a dicir: ser menos vago.
  • Aforrar.
  • Aprender esperanto.

Non son imposíbeis pero algúns son moi dificiles. Tentareino!

9 reflexións sobre “Propósitos para o 2007

  1. Pois tes razón, vou engadir outro máis que é aforrar, non especialmente para o MacBook (xa me gustaria ter un…) senon para outras cousas… para unha Wii, un ordenador novo, unha cámara dixital boa (10Mbp, zoom optico, etc.)… etc.. para o que caia antes, haha.

    E xa que estamos engado outro prpósito máis: aprender esperanto.

  2. Home, por idioma quizais mellor o chinés, si… ou o arabe que seguro que agora mesmo ten máis saída… pero é que o esperanto con só 3 meses xa tes nivel avanzado… hahaha…

    Estou pensando en engadir “aprender a tocar a guitarra” :P.

  3. o esperanto évos moi interesante e non excesivamente difícil de aprender. Hache facer falta máis sorte co resto de propósitos 😉

    apertas

  4. vaia! agás o de aprender esperanto (que me plantexei numerosas veces pero creo que xa me abonda con ter que aprender inglés, estarme metendo no francés e plantexarme a introdución ao alemán) eu coincido nos máis, hehe.

    O que máis me vai custar, sen dúbida, vai sé-lo de aforrar… son un derrochador nato!

  5. Pingback: Estrela Negra » Como van os propósitos do 2007?

  6. Pingback: Estrela Negra » Novo ano, mesmos propósitos

Os comentarios están pechados.