Galiza, máquina do tempo

A última iniciativa do BNG deu moito que falar tanto a nivel galego coma a nivel español e descoñezo se tamén a nivel portugués. O certo é que o BNG ten razón se nos fixamos no aspecto cientifico, a Galiza correspóndelle 2 horas menos (ou unha menos… segundo se mire) e a España 1 hora menos. Pero eu vou máis alá.

E por qué conformarnos cunha hora menos? Por qué non adiantar o reloxio tres días? Imaxinadevos… Son las 3 de la tarde, una hora menos en Canarias y tres días más en Galicia, ou n’A Galega… Son as 3 da tarde, 3 días menos en España. Poderíamos dicir que somos uns adiantados ao noso tempo. Seriamos os primeiros en entrar no ano novo, ou o lugar do mundo onde antes se estrea algo, unha película, unha videoconsola, etc.

Tamén poderíamos atrasar o reloxio catro días, así poderiamos saber que vai pasar antes que nos pase a nos. Se hai un virus ou tipo “efecto 2000” xa teríamos a cura antes que nos pase, ou seríamos os últimos en disfrutar un bo ano.

E por qué só cambio de días? Que tal anos? Por qué non cambiamos o noso reloxio 100 anos, ou o atrasamos 20 anos? Os galegos seríamos futuristas, homes do futuro. Ou, agora que esta tan de moda o retro, viviriamos no pasado, recordando aqueles tempos. E xa postos, por que non cambiar o noso relixio algúns séculos? A quén non lle gustaría vivir na Idade Media? Ou na época dos castrexos? Xa estou imaxinando a propaganda da Consellaría de Turismo: Viaxa no tempo, ven a Galiza.

Galiza: máquina do tempo, XA!

Unha reflexión sobre “Galiza, máquina do tempo

  1. Atrasar non que xa vai o reloxo galego dous séculos por detrás do catalán. Adiantar catro ou cinco días pareceme unha medida insuficiente. Adientemos catro anos.

Os comentarios están pechados.