A piratería é culpa deles

O outro día fun ao cine a ver El Perfume, unha boa película basada nunha novela do mesmo nome. O caso é que tiven que entrar no cine coas mans en alto, atracaranome. Si, éque non se lle pode chamar doutro xeito a que me cobren 6’10€ por ir ao cine.

Eu recordo cando antes ía ao cine, nos multicines de Pontevedra, por 300 pesetas e xa era moito. Tamén recordo que coa chegada do euro os cines de Vialia de Pontevedra, antes Lauren e agora CineBox, custaban 3 ou 4 euros aproximadamente. Pouco a pouco foi subindo… 5€, 5’30€… até 6’10€. Entendo que o prezo dos cines de Vialia sexa maior que o prezo dos multicines, xa que as salas, o son e a calidade do video é moito maior… pero chegar a estos prezos xa é case ilegal.

Como queren que o paguemos? Non todos podemos, sobre todo os xovenes que non traballamos e non temos fontes de ingreso (sen contar a familia). Eu, coma tantos outros que van ao cine en Pontevedra, non son de Pontevedra capital e, como na miña vila non hai cine, teño que coller un autobus para poder disfrutar do 7º arte. O bus custa 1’15€ por viaxe (por certo, antes do euro custaba menos de 100 pesetas) o que supón 2’30€ ida e volta. Non acostumo a mercar nen bebida nen flocos de millo nen nada polo estilo porque os prezos son abusivos pero pode haber algún día que tes fame ou tes o antoxo de flocos de millo. A última vez que fun ao cine coa miña moza mercamos unha de flocos de millo pequena, unha pepsi pequena e un botellín de auga, todo iso sumou 7€. Xa levamos un total de 9’30€ e sen a entrada.

Unha tarde no cine pode sairme por 15’40€! unhas 2500 das antigas pesetas, cando antes por menos de 500 pesetas facía o mesmo. E logo queren que non pirateemos… con estes prezos, con sorte, eu só podo ir ao cine cando hai unha película que verdadeiramente valla a pena.

Estou certo que todo o mundo prefire ver as películas no cine antes que no ordenador ou na TV, pero tamén estou certo que non todo o mundo pode permitirse ver todas as películas que quere no cine e a solución e baixalas da mula. Por exemplo, das películas que están agora en carteleira quero ver Arthur y los Minimoys, Colegas en el bosque, Eragon, Happy feet. Rompiendo el hielo e Ratonpolis. De todas esas películas non vou ir ver ningunha por culpa do prezo, se cadra vou ir ver Mia Sarah cando saia.

5 reflexións sobre “A piratería é culpa deles

  1. Canta razón tes IaRRoVaWo, por iso hai mais dun ano que non vou ao cine, e mira que antes ia case todalas fins de semana.
    Por certo, falando da muliña, como sei que tes R :), dende hai uns dias vai leeeentiiiiiisiiiimaaaa, notaches algún cambio? meterian algún filtro os de R pra bloquea-la mula?
    Saudos

  2. E sem contar que cada dia há mais publicidade (fora dos trailers) antes dos filmes… o qual “teóricamente” teria que moderar a suba de preços.

    Eu em Santiago podo permitir-me ir ao cine (3,40 com desconto), mais na Corunha nem se me passa pola cabeça…

  3. Suevo, pois lento si que me vai, a mula poucas veces a uso (por problemas de tempo) pero o messenger e a web últimamente van algo lentas de máis. Espero que estean preparando unha suba da velocidade das conexións e por iso vai lento agora :P.

    Fer, non pensara niso da publicidade pero tes razón, manda carallo. En Santiago están os Valle-Inclán que por 3’40 aínda son pasables e soen botar películas boas como Mia Sarah… que mira ti por onde, nos cines de Pontevedra non a van botar…

  4. É unha vergoña, e logo falan que si da piratería e tal…e en Salamanca está a cousa dun estilo, aínda que co desconto do Carné Xove e tal algo fan, pero eu que tiña pensado en ir a Vialia algún día cando esté en Pontevedra no Nadal…imos bós.

  5. Aquí en Vialia, co carnet xove é un timo tamén. Son 5 euros e moito, en vez de 6 euros e pouco… pero non podes usar o carnet xove o día do espectador, o fin de semana, en festivos e víspera de festivos. E case imposíbel usa-lo!

Os comentarios están pechados.