11 razóns para mercar Wii

Coa chegada das consolas de nova xeración é máis dificil escoller unha. Eiquí hai unha lista pola cal a Wii é a mellor:

  1. A Wii é divertida.
  2. O Wiimote é a revolución dos videoxogos.
  3. A Wii é bonita.
  4. Xogando coa Wii fas exercicio.
  5. Podes ver o tempo metereolóxico e as novas sen saír do salón.
  6. Podes engadirlle un dísco duro.
  7. Podes xogar aos xogos da Game Cube, NES, SNES, N64, MegaDrive…
  8. Podes xogar on-line con xogadores de todo o mundo.
  9. Podes xogar a xogos flash.
  10. Nintendo is the best.
  11. Wiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!

9 reflexións sobre “11 razóns para mercar Wii

  1. Eu quero unha!!! Vou tentar aforrar para conseguila despois dos exames de febreiro ou en verán… a non ser que non poida resistir e a merque antes hahaha… E por suposto eu son Nintendeiro 4ever! xD

  2. Non mo recordes… 😀 Entre que non teño cartos e os meus pais non ma mercan estou medio deprimido… Aínda que pénsandoo ben, se a comparas coas outras consolas desta xeración non é nada cara… A ver cando a podo conseguir… xD
    Saúdos doutro Nintendeiro!!

  3. Non é por ir en contra da corrente, pero dado que descoñezo o prezo e que nunca puiden probala, que só ten 24 xogos de momento, que ó mellor non funciona e non sacan máis…
    De momento quédome coa ps2, e se me apuras coa Xbox 360 que realmente e moi popente. A min non me vai o de facer exercicio, aínda que só sexa movelo brazo.
    E tampouco falta tanto para que saia a ps3.
    Por certo, canto custa unha wii?

  4. david, o mellor (como vou facer eu) é ir aforrando e no vran seguro que está máis barata ou ten algunha oferta mellor tipo Wii+2xogos ou algo asi.

    Xo, o prezo son uns 250 euros, un pouquiño caro en comparación cos EUA , xa que alí costa 250 dolares que ao cambio nos saimos perdendo, pero aínda así é a máis barata das consolas de nova xeración. De momento ten boas criticas e está a cumplir todas as espectativas (xa saiu nos EUA e Xapón). Eu son un nintendeiro, que che vou dicirl, prefiro a Wii antes que a PS3 e a PS2, pero para gustos.. cores… Aínda que non me importaria ter unha Wii, unha PS3 e unha PS2, hehe.

    A Raandeira, a Wii é a nova consola de última xeración que sacou Nintendo. O que ten de revolucionario é o seu mando xa que non usa cables e funciona por sensores de movemento e posición, polo que nun xogo de tennis tes que coller o mando e simular que é unha raqueta para darlle á pelota. E por exemplo, nalgún xogo en que o personaxe leve unha espada, ti terás que simular os movementos da espada co mando para que o personaxe ataque. Ao meu modo de ver, é moi divertido! Xa se podía mollar a Xunta e regalar Wiis a todos como dis xD

  5. A Raandeira, se queres ver videos demostración podes buscar no google ou no youtube que seguro haberá moitos ou se non en http://www.wii.com que hai videos publicitarios e demostración pero nos que se ve moi ben como vai ser a nova consola.

Os comentarios están pechados.