Galegos VS euskalduns

Viaxando no Estrella Galicia sempre tes algunha que outra anecdota. Desta vez había unha discusión “entre amigos” na cafetería no que ao parecer participan vascos e galegos. Todo comezou falando que era iso de “ser dun lugar”, pasando logo polo idioma chegando ate o reintegracionismo, para logo seguir cos nacionalismos e de novo volta aos idiomas para concluir con afirmacións pouco político-correctas.

Eu escoitaba a discusión dende o meu asento pegado á cafeteria, eran persoas adultas que berraban un pouco, sobre todo os vascos (ahí va la hostia, pues!). Dician que un galego, vasco, ou o que sexa nacido en Noruega (por exemplo) era noruego descendente de galegos (ou o que sexa) pero non galego, para logo chegar á conclusión de que un galego nacido en Castela, con pai galego e nai castelá non era nin galego nin castelá senón celta, celtíbero ou irlandes (?). Despois falaron do euskera e do galego, que uns (vascos) tiveron que aprender galego para traballar na Galiza e que parecía normal que así o fixeran pero que eles non teñen por qué saber euskera para traballar en Euskadi e iso non lles parecía normal, aínda que eles mesmos (os vascos) non sabían euskera por culpa do franquismo. Con todo isto tamén chegou o tema da normativa do galego (que orixinal… ) chegando á conclusión que o portugués é igual que o galego, pero… Tamén falaron un pouco dos nacionalismos vasco, catalán e galego pero enseguida voltaron aos idiomas. Neste punto a discusión foi máis forte, o galego (ou galegos, non sei cantos eran) afirmaba que en Euskadi o euskera non se falaba porque na época de Franco estaba desprestixiado, como acontera en Galiza, pero os vascos replicábanlle dicindo que non, que en Euskadi o euskera non se fala moito porque na época de Franco estaba prohibido, non se aprendía na escola e houbo moita xente que foi ao cárcere por falar en euskera pero falalo non estaba mal visto e incluso era algo de prestixio e que daba orgullo incluso nas cidades grandes. O galego volvialles a dicir que non, que non tiñan razón… e así estiveron un bo rato ata que se puxeron a falar que era “ser español”. Os vascos (ou algúns deles) afirmaban que non se sentían españois e o galego dicia que era un cidadán do mundo antes que galego ou español.

A conversa parece que acobou ahí, non sei se seguiron ou non, pero eu tiven que biaxar do tren. O curioso da anecdota non foron algunhas das tonterías que dixeron, senon o auto-odio subscoscente do galego. Non entendia como os vascos non se avergoñentaban do seu idioma, igual que fixemos os galegos, non era capaz de entede-lo. Así nos vai…

8 reflexións sobre “Galegos VS euskalduns

  1. Vaia, eu en Salamanca e ti en Burgos 😉
    Pois ese tipo de cosas as escoito eu de vez en cando no bus…son como din en “El club de la lucha” , nosas racions individuais de amizade 🙂

  2. Pois pode ser porque os euskalduns levão um século de enfrontamento com Espanha. -Começou no século XIX-, e nós ja imos polos cinco séculos, desde a campanha de “doma y castración”. da ínclita rainha católica.
    À sua vez, os catalães levaão desde o século XVII e a entrada dos borbões.
    Nós somos os que mais tempo levamos de lavado de miolos. De aí que os complexos sejam mais recalcitrantes : Ficão tão incrustados nas nossas neuronas, que ja mesmo semelha que formão parte de nós. Coma quando um é chepudo, ou coxo. Acaba por não se decatar e perde a consciéncia da sua eiva.
    È umha opinião, depois de ver e ouvir tantas cenas coma a que ti dis.

  3. Hai quen di que o auto-odio xa é cousa da idiosincrasia galega mais o que di rifenha semella unha boa explicación deste mal que asoballa aos galegos. Así nos vai…

  4. Eu son un galego residente en Euzkadi dende hai 2 anos. A miña vision do tema e a seguiente, eu penso q en xeral a maioria dos galegos non teñen esa forza de apoiar o seu coma en euzkadi, x exemplo un vasco nunca iria queima-lo seu monte x cartos e sem embargo en gz sí, de todolos xeitos creo q ese auto odio esta a desparecer entre a xente novae espero q se empeze a educar x e para non ter ese auto-odio e pa usar mais a nosa lingua.

Os comentarios están pechados.