En contra da natureza?

Leo n’A Randeeira que no Museo de Historia Natural de Oslo apresentouse unha exposición fotográfica de máis de 1.500 animais con tendencias homosexuais ou bisexuais. Os organizadores afirman que a homosexualidade animal é moi común e moi extendido no mundo animal, desbotando a idea de que a homosexualidade nos homes é anti-natura.

Quen non viu un can macho fodendo (ou intentandoo) con outro can macho? Ao parecer comportamentos como este non son tan extraños no mundo animal e polo tanto tampouco son (ou deberían de ser) extraños nas persoas. Faime graza como a igrexa, os dereitistas e a xente escrava da sociedade é contraria á homosexualidade explicando que este fenómeno é contrario á natureza. A homosexualidade non é anti-natura, o anti-natural (por chamalo dalgun xeito) é a procreación (obter descendencia) entre dúas persoas do mesmo xénero pola simple razón de ser imposíbel (de momento). O que non é anti-natural é o amor e ahí cada persoa ama a quen lle pete, sexa home, sexa muller ou sexa calquera cousa.

Despois de ver a nova desta exposición, eu teño unha pregunta para eses que defenden que a homsexualidade e bisexualidade é anti-natura:

Que é máis anti-natural, un homsexual ou unha virxe que pariu un fillo?

2 reflexións sobre “En contra da natureza?

  1. O antinatural é o home da Virxe, o José, que vai e se cre todo o conto. Hoxe as mulleres son máis imaxinativas e os homes menos parvos, aí está a evolución que nega a Igrexa.

  2. natural? qué carallo é natural ou non? vestirnos, controlar o clima, foder ao planeta… é natural? Se o mesmo sexo é a negación da natureza, non ter épocas de celo. Dende o momento que se fai pola búsqueda do pracer xa é algo máis evoluído que a simple procreación…

    unha aperta

Os comentarios están pechados.