Oracle

Oracle é a compañia lider das base de datos. Teñen 56.000 empregados en 145 paises e 1’6 millóns de clientes en todo o mundo, que se di rapido. Para moitos a súa base de datos é a mellor pero non so se adican a iso, tamén dan servizo ás empresas facendo todo o software relacionado con base de datos como por exemplo servidores web. Realmente os produtos que ofrece esta compañia son bos e seguramente sexas os mellores no seu eido. Tiven a sorte de que viñeran dar un seminario de dous días (de 9 a 2:30) á miña facultade e quedei impresionado co que fan e co seu nivel de profesionalidade.

O primeiro día fixeronos unha pequena introdución de Oracle Corporation para logo falarnos dos diferentes programas que ofrecen ás demáis empresas e unha pequena simulación dalgúns. O derradeiro día falounos especialmente da base de datos, o prato forte da compañía, e tamén fixeron unha pequena simulación dela. O seminario foi aburrido nalgunhas partes porque parecía que estaba orientado ás empresas grandes que precisan de base de datos e nos, os asistentes ao seminario, somos estudantes de informática que queríamos saber un pouco por riba como é unha compañía de base de datos e que fan os seus produtos e non como funciona cada un dos programas. Por asistir dánnos un certificado de Oracle e entramos na bolsa de emprego de Oracle, que por certo, seica lles é dificil conseguir novos empregados.

2 reflexións sobre “Oracle

  1. Dis que parecía que estaba orientado a empresas grandes, e isto non é nada malo, hai que pensar que un pode optar a traballar nunha desas empresas grandes, xa haberá tempo de “baixar os fumes”… 🙂

    Unha pena que non viñeran por aquí a dar a charla, seguro que se enchía de xente. Así podía poñer en práctica os CDs gratis que conseguira por internet cunha demo do Oracle DB 10 :mrgreen:

  2. Seica a charla que deron en Santiago foi a primeira charla que deron nunha universidade en España polo que supoño que faran máis noutras universidades a partir de agora.

    Por certo podese baixar dende a web de Oracle e de balde todas as edicións (Xpress, Enterprise…) dos programas de Oracle, o que si, vas ter que pagar por eles (agás pola versión Xpress) se traballas para unha empresa, pero se es particular podes descargalos totalmente gratis.

Os comentarios están pechados.