R en casa

Por fin temos R no piso de Compostela, e non foi doado. En principio era para ter R dende a primeira semana do mes pero chama que te chama e non daban vido.

Chamamos a derradeira semana de setembro para ter xa dende o primeiro dia en Compostela internet pero dixeron que había un problema co enderezo e que tiñan que chamar a administración e que cando poideran nos chamaran. Chamaron o venres pero o que tiña que recibir a chamada estaba a durmir… polo que esperamos unha semana por se nos volvían chamar.. e nada. Chamamos outra vez e estivemos 30 minutos de conversación escoitando rancheiras para que nos digan o mesmo, que tiñan que falar con administración e xa nos chamarían. Volveron chamar pero desta vez estabamos en clase polo que á tarde volvemos chamar nos. Desta vez nos dixeron que había un problema co enderezo e co piso, na base de datos aparecía e non aparecía, algo raro polo que tiñan que falar con administración, pero nos dixeron que probasemos a buscar nas caixas de correo os nomes dos nosos viciños por se aparecían na base de datos. E así foi, buscamos os nomes e chamamos o luns. Buscaron na base de datos o nome do primeiro viciño que apuntamos e saia na base de datos polo que copiaron os datos do enderezo e xa non había ningún problema. Xa estabamos en R! Dixeron que ían vir instalar todo o martes, pero aínda tivemos que agardar unha semana máis porque era o martes da semana que ven.

Temos internet de 4 megas, telefono e TV (algúnhas canles do TDT e a FOX (ata xaneiro)). Todo vai ben. O router é o Motorola SBG900 que deixa conectar un ordenador por ethernet, outro por USB e o resto (non sei cale é o limite) por wifi.

O router non me deixa entrar nel, poñolle o nome e contrasinal das instruccións e non entra, busquei en internet e non din nada ao respecto… alguén sabe algo? Outra cousa é a configuración do eMule. Os portos están abertos, teño ID alta pero non descarga case nada, a velocidade ronda entre o 0.1 ata os 15 kB/s durante 5 mins en que baixa a 0 e 10 segundos despois máis ou menos volve a descargar… alguén sabe algunha boa configuración?

8 reflexións sobre “R en casa

  1. Creo que é o que teño eu en Pontevedra,e non precisei abrilo por software,así que nin idea…o coñazo de R pra configurar son as contas de correo…e en empresas igual,é moi triste…

  2. Eu teño o mesmo combo (combo3) e o mesmo router, e non teño ningún problema.

    Teño o router coa IP local 192.168.0.1 e entro nel co navegador con user:admin e o password o que che dan, e entro nel sen problemas. Unha cousa, se cambias a chave WEP ou WPA faino por Ethernet, por WIFI perdes a conexión co router e despois non a podes recuperar sen resetear.

    O dos 4MB, dame un pouco a risa, pero alcanza uns 2,5MB constantes case todo o dia (bueno, ás veces vai lento de carallo). Non é a primeira vez que pola noite a iso das 4 da mañá o router non recibe sinal externa do cable, algo vergoñento pero supoño que pouca xente se dará conta e aproveitarán para facer chequeos na rede ou cousas así.

    O Emule vaime moi ben, para configuralo mirei en internet e có Azureus non che conto, unha pasada!

    En xeral estou bastante contento co servizo pero algo menos co prezo.

    Saudos

  3. A ver se consigo solucionar os problemas. A descarga directa vai moi ben e a navegación non soe ter ningún problema. O único o e-mule… que non vai ben.

  4. queres saber a clave?

    sinxelo… user e admin
    a clave e a tua clave wep sen os ceros. que ven sendo o teu numero de usuario por outra banda.

    seino pq estou farto de crackear redes wifi de R… saudos.

  5. o emule non vai ven pq o dhcp dese router esta activo.. e non sei pq se no teu pc pos o tcp/ip manualmente non deixa navegar… seguramente se desconectas o dhcp ou se reservas unha ip podes usar o emule sen problemas. saudos.

  6. por certo.. polo momento.. o wifipicnic (gawifi o movemento G) esta confirmado para o dia 4 na tarde. Contamos contigo? o malo segue sendo o lugar, … o final tomaremos as castanhas no posto da praza Herreria en Pontevedra. sniff sniff..

  7. Xa conseguin saber o contrasinal, efectivamente era como dicia misha. :).

    Ultimamente non teño moito tempo para usar o emule (teño que liberar espazo e teño o lector de cd/dvd fodido…) polo que aínda non provei a configuración de Suevo (gracias!). Quizas o problema é que somos 2 compañeiros (polo menos) a usar redes P2P á vez e 3 conectados a internet á vez.

    Cando teña máis tempo xa vos pedirei axuda, hehe.

Os comentarios están pechados.