O novo disco de Dover

Dover sacou un novo disco chamado Follow the City Lights onde fai un cambio radical na súa música cambiando o seu estilo. O grupo pasa de tocar un rock puro nos seus anteriores traballos a tocar un rock electrónico achegado ao pop neste último disco. A moitos non lles gustou esta comercialización de Dover xa que hai un cambio radical de cancións míticas como Devil Came To Me, King George, DJ ou Serenade ao último single, Let Me Out.

Eu, coma fan de Dover, gosto moito do novo disco. Follow the City Lights non é comparábel aos seus discos Devil Came To Me e Late at Night que xa non son os mellores discos de Dover, senon uns dos mellores discos do rock internacional, na miña opinion. Pero este último disco (Follow the City Lights) segue tendo un “aquel” que o fai característico dun disco de Dover. Por iso merquei (13.95 €) o disco e difruto del, Dover mistura moi ben o rock coa música electronica facendo, quizais, un disco algo comercial que sorprende ao principio pero que non ten porque estar mal, de feito está moi ben, e como xa dixen, as cancións teñen ese toque “Dover” que tanto me gusta.

O que xa non me gustou tanto é ao poñer o CD nun sistema operativo Windows, salta un programa horríbel que reproduce as cancións e dáche a opción de ir á zona vip da web. En Windows, non se pode escoitar o CD co teu reprodutor favorito e non se poden pasar as cancións a MP3, xa que non aparecen as pistas por ningures, só o programa. Ademáis na zona vip, que só podes acceder a ela se mercas o CD, só podes escoitar (nin tan sequera descargar) 3 versións do single Let Me Out, a radio edit, o remix e versión instrumental.

Isto, que supoño que será idea da discográfica, só beneficia á discográfica porque así evita que se fagan copias doadamente e perxudica ao gurpo e sobretodo ao usuario porque este está privado de facerlle unha copia privada ao seu disco e non pode pasar a MP3 as cancións para levalas no seu reproductor MP3 o simplemente gardalas no ordenador para escoitalas cando lle pete e non ter que estar co CD a todas horas.

Menos mal que teño Ubuntu e con el si que podo pasar as cancións a Ogg e logo a MP3. Qué fariamos sen o software libre? 😛

4 reflexións sobre “O novo disco de Dover

  1. isto… IaRRoVaWo… non ves as pistas de audio por ser un cd hibrido… pero con media player de windows podes escoitar o cd. a prova diso e que podes pasar o cd a mp3.

    saudos..

    pd: dia 4 se nov .. wifipicnic?

Os comentarios están pechados.