Primeira semana

Acabaron as vacacións e tamén acabou a primeira semana de traballo. Polo momento vai todo ben, estou nun piso con 3 amigos con consolas e imos contratar internet.

As clases de 1º son case igual que as do ano pasado e as de 2º están mal, o problema é que por culpa do proceso de boloña vou ter que expoñer traballos en público e iso dáme algo de pánico, pero bueno, farase o que se poida. De momento comezo todo con calma e sen presa pero tamén sen pausa.

Nunha semana xa case aprendín a cociñar e a limpar e ao revés do que pensaba non é tan custoso.

Ate que non contratemos internet, temos problemas con R, non poderei postear moi amiudo.

3 reflexións sobre “Primeira semana

  1. bo inicio de curso!!! creo que andamos todos un pouco descolocados. menos mal que compostela non cambia! disfruta de segundo, que o tempo logo pasa -dicho unha vella de último curso xD-!!!

Os comentarios están pechados.