Loituma

Internet é o lugar de onde saen as cousas máis raras e máis frikis. Despois do coche de Ferrari, do Numa Numa Guy, de Chuk Norris e mesmo de Opa, chega Loituma Girl.

http://dojo.fi/~rancid/loituma__.swf é unha animación flash de so 4 frames na que Inoue, unha moza dunha serie manga, fai xirar un porro en circulos, mentres de fondo soa unha canción moi pegadiza. A lenda urbana di que os que miran esta animación fican hipnotizados, de feito no youtube podemos ver videos de xente que se gravou coa súa webcam como son hipnotizados, coma este rapaz ou estotutro.

Investigando pola rede achei que a canción tan pegadiza que soa de fondo é Ievan Polkka cantada polo grupo Loituma. Ieven Polkka é unha canción tradicional finesa cantada en savo que conta a historia de Eva, unha moza que se escapa da casa para ir a unha festa, e ao rematar esta, a moza atopa que a súa nai esta enfadada, pero aínda así seguira vendose co seu novo mozo que atopou na festa. No youtube podemos ver un video en directo de Loituma cantando esta canción.

Este fenómeno de internet que se iniciou en abril deste ano (a pesar de que a canción é dos anos 30 e foi gravada no 1995) popularizou a canción e ao grupo Loituma. De feito en algúns paises xa están a vender a cancionciña como tono para os móbiles. A canción mola e antes de que chegue a moda a España e teñamos a canción ata na soupa, eu vou pór a canción no meu móbil, así serei marcarei tendencia ;-).

6 reflexións sobre “Loituma

  1. Que casualidade! Hoxe mesmo vin na TV o anuncio do politono desta canción. Chamase Dolly e é unha vaca que canta esta canción pero máis acelerada… Algo así como a ra de Crazy Frog, pero sendo unha vaca e cantando esta canción.

  2. Pingback: Ragheb Alama

Os comentarios están pechados.