Salvador (Puig Antich)

Fun ver a película, candidata a representar a España nos Oscar, Salvador (Puig Antich). Chamoume a atención que a película fose en lingua catalá, con subtítulos en castelán, na súa maior parte; non se atopa todos os días nos cines de toda a España unha película noutro idioma que non sexa o castelán e menos nun idioma rexional coma o catalán.

A película trata a historia do último morto polo franquismo por garrote vil. É unha historia emotiva que te vai roubar unha (ou máis) bágoa e dárache que pensar, non só na personaxe real da historia senon tamén no mundo contemporaneo (actual e non tan actual) e no franquismo.

O filme trata a historia de Salvador Puig Antich, un xove anarquista catalán, dende que comeza na política ata que é executado. Salva é unha de esas persoas como tantas outras ás que non lle gusta o mundo onde vive, pero a diferenza dos demáis si decide facer algo por cambia-lo e non espera a ve-las vir.

O filme é unha adaptación libre do libro Cuenta atrás de Frances Escribano que conta a historia de Salvador. As irmáns de Salvador están contentas coa fidelidade da película máis algúns sectores da opinión pública, pode que os propios ex-compañeiros de Salvador, non están moi dacordo coa película. Para min é unha película sobre a, tan famosa ultimamente, memoría histórica que pretende, ademáis de contar a historia de Salvador, descubrir, aos que non vivimos esa época, o franquismo, e sobre todo quere facerche pensar sobre a sociedade e o mundo actual. O director fixo que nos decatasemos de que as ideas de Salvador aínda están moi vixentes hoxe.

Das 3 películas candidatas á representación española nos Oscar, (Volver, Alatriste, e Salvador), é esta, na miña opinión, a mellor de todas e merecedora de estar nominada a un Oscar.

Unha reflexión sobre “Salvador (Puig Antich)

Os comentarios están pechados.