Alatriste

O domingo pasado fun ver Alatriste ao cine, á derradeira sesión do día e a sala estaba chea. Trás os anuncios mentres ceabamos uns bocatas comezou a película e non podo estar máis que dacordo con Pawley.

É un filme sen argumento e con diálogos pobres. O director Agustín Díaz-Yanes quixo plasmar nunha soa película as 5 novelas de Arturo Pérez-Reverte polo que ás veces non sabes moi ben onde estás e te preguntas porqué estás ahí. Chega a ser algo aburrida nalgúns puntos da película e desexas que o Diego Alatriste morra xa para que acabe a película, pero ao fine e ao cabo poucas películas son entretidas durante todo o tempo que duran. O filme conta unha historia que parece non contar nada, quizais debido aos diálogos que son curtos e malos.

Os actores actuaron moi ben, sobre todo Viggo Mortensen, o protagonista, ao que lle fallou o acento, unha mistura de acento inglés e acento arxentino, sería mellor que o dobrasen. Fantástico Luis Zahera, coñecido en Galiza coma petroleo, interpretando a un portugués con sotaque galego. Incomprensíbel é o de poñer a unha muller, Blanca Portillo, no papel dun home, que conste que non o fixo mal, pero habería outros actores máis acorde co papel.

O bo da película é a ambientación, é realmente dun 10. É moi doado meterse no contexto histórico da película grazas aos bos decorados e á vestimenta. É fascinante ver como a arte do cine pode transportarte ate o pasado tan facilmente.

Nótase que é o filme español que máis custou aínda que a calidade do argumento non é moi alá. Si está ben ir ao cine a ver está película, aínda que non te perdes nada se non vas, por apoiar ao cine español (e o galego) que si ten (moitas) boas películas.

[gv data=”BUkavKcyrhQ” width=”340″ height=”277″][/gv]

6 reflexións sobre “Alatriste

  1. O último día que fun ó cine dubidei entre Alatriste e La noche de los girasoles. Ó final decanteime pola segunda e non me arrepinto. A verdade é que é un moi bo filme. Celso Bugallo, coma sempre, unha pasada. Aínda así, e a pesares das malas críticas, verei Alatriste.

  2. Pingback: Estrela Negra » Salvador (Puig Antich)

Os comentarios están pechados.