Gelo, Bush, Sharon e a relixión

Vexo a través de Chuza unha nova en La Opinión na que o Bureau of Democracy, Human Rights, and Labor, organismo dos Estados Unidos, fai cada ano un informe sobre a liberdade de relixión no mundo.

Estes estadounidenses sempre están coa teima da liberdade, xa estamos acostumados a estas cousas e xa sabemos, sen ler, o que vai poñer. A cousa non pasaría a máis se non fora porque no derradeiro informe que fixeron, o do 2005, no apartado de España falan do alcalde de Oleiros.

O alcalde de Oleiros, ben coñecido na Casa Branca, goberna nesa vila con Alternativa dos Veciños (10 concelleiros) e BNG (1 concelleiro). Ángel García Seoane, Gelo para os amigos, o alcalde, leva gobernando en Oleiros dende o 1987. Pero a historia deste post aconteceu o 2004 cando dende o concello fixeron unha campaña de apoio ao povo palestino, colocando cartaces por toda a vila chamando a Ariel Sharon besta e neo-nazi. O asunto pasou á prensa e á política internacional, o embaixador de Israel en España ameazou por teléfono ao Concello de Oleiros e tivo que intervir o Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, para que a cousa non fora a máis.

Gelo, como se di, ten un par de collóns por facer unha cousa así. Resulta que para os EUA iso, chamar besta e neo-nazi a unha besta neo-nazi é ser antisemíta. E aquí é onde eu non estou dacordo. A campaña era a favor do povo palestino e en contra de Ariel Sharon, un político, non un povo e menos unha relixión. Unha cousa é a relixión, outra un povo e outra moi, pero que moi distinta son os políticos. E neste caso o ataque ía dirixido a un líder político o cal non é ir en contra dun povo nin dunha relixión. Non me gusta que a xente vaia de victima, coma os xudeus que se fan as victimas por todo pero logo escollen aos peores líderes.

As cousas non son así, se lle chamas fillo de puta a Ariel Sharon non es un anti-semíta (palabra que queren poñer de moda), estas protestando, de mellor ou peor forma, contra a política dese político. Do mesmo xeito que se opinas sobre as dictaduras dos países de Oriente Medio non te estas (ou non deberías) a meter coa relixión musulmá. Non hai que misturar a relixión coa política, e á política cos povos.

P.D.: O Gelo, o alcalde de Oleiros, que se declara comunista non é a salvación nin o que fai falla neste país. É un político coma todos.

3 reflexións sobre “Gelo, Bush, Sharon e a relixión

  1. Os ionquis teñen que estar preocupados e con razón pensando que en Oleiros hai unha base de mísiles apuntando ó corazón dos USA. Tes razón: o Gelo ten un par de collóns.
    E falando en serio, estou de acordo contigo. Non se ataca a un pobo nin a unha relixión, critícase un xeito de facer política que é un atentado contra os dereitos humanos.

Os comentarios están pechados.