Xa están aquí…

Xa case están aqui os exames e xunto coas prácticas e traballos vai ser unha época dura. Por iso, como fixen o curso pasado, vou tomar algunhas medidas para non distraerme en exceso:

  • Borrar moi de vez en cando as cookies, historial, etc. do navegador.
    Así evito ver que foi o último que busquei en google xa que estará borrado o historial dos formularios…
  • Desactivar o Google Reader Watcher.
    Non volverei (até o fin dos exames) a ver os feeds que teño no Google Reader, ao desactivar este plugin de Firefox xa non haberá nada que me indique os feeds que teño por ler.
  • Cambiar as páxinas de inicio do meu navegador.
    Quitarei a Netvibes e pórei a Google | Simple GTD | Google Calendar | Twitter.
  • Meterei nos marcadores do navegador algunhas webs necesarias
    Para non perder tempo buscando o enderezo dalgunhas webs que si necesitarei visitar nalgún momento as meterei nos marcadores.
  • Controlarme polo Twitter.
    Moitos din que o Twitter sirve para controlarse á hora de traballar. Pórei o que vou facendo que será (iso espero) o que teño que facer.

E agora só falta o máis importante… traballar e estudar.