Novo ano, mesmos propósitos

Hai tempo que non entro por estos lares xa case me olvido que teño un blog. Bueno, ante todo feliz ano novo a todos. Nunca é tarde para desexarvos un ano novo repleto de humor e de utopías.

Como todos os anos é normal facerse propósitos a cumplir, hai quen di que facer isto é unha tontería pero eu penso que non, nunca está de máis pensar e apuntar nalgures as cousas que queremos facer. O ano pasado propúxenme algúns que non cheguei a cumplir moi ben, a verdade, agás no de aforrar e ser menos vago, aínda que os cartos xa os gastei.

Para este ano propóñome conseguir no 2008 estas cousas:

  • Aforrar
  • Adelgazar
  • Aprender esperanto
  • Aprender a tocar a guitarra
  • Sacar o carnet de conducir
  • Migrar completamente a un sistema GNU/Linux
  • Escribir máis no(s) blog(s)

A ver que tal…

Unha reflexión sobre “Novo ano, mesmos propósitos

  1. eu penso que para poder cumplir os propósitos de ano novo, hai que comenzar a plantexalos nas vacacións de nadal 😉

    PD: o guitar hero vaiche servir de axuda para aprender a tocar a guitarra, e faltacha estudiar máis nos propósitos! xDD

Os comentarios están pechados.