Qué virá despois da Web 2.0?

Se antes tíñamos a web 1.0 e agora temos a web 2.0… que será o seguinte?

Pois o que virá será a Web 3.0 :). Que non será outra cousa que a suma da web semántica máis a web 2.0. Polo menos isto é o que me quedou claro ao ir á xornada de Novas tendencias en Internet: web 3.0 organizadas pola USC.

Aínda que nadie se pon dacordo en definir o que é a web 2.0 todos podemos diferencia-la da web 1.0 (por chamar a pre-web 2.0 dalgún xeito). Na web 2.0 os usuarios poden editar o contido dunha web automáticamente dende o navegador, hai máis usuarios, popularizouse AJAX e parece que a web 2.0 é para usuarios e non para a información. As abundantes redes sociais (moitas delas inútiles ou irrelevantes), a cantidade de blogs e as chamadas aplicacións web son un claro exemplo do que pretendo explicar.

Pero… qué é a web semántica? A Wikipedia e a W3C o explican moi ben. Ben sendo algo así como a web para os ordenadores, nunha linguaxe na que a información será ben interpretada polas máquinas. É dicir, se estamos nunha web con información sobre restaurantes dunha determinada cidade, o noso ordenador saberá exactamente onde se atopa a cidade no mapa (país, comunidade, provincia…), saberá tamén que estamos a ver unha web sobre restaurantes e non terá problemas en saber cal é o número  de teléfono de cada restaurante. Ata o de agora o navegador non fai máis que pór na pantalla o que os códigos html lle digan, na web semántica será quen de saber interpretalos.

Na miña opinión, como xa dixen, a suma destas dúas cousas será a Web 3.0, boa información coas vantaxes da web social.

2 reflexións sobre “Qué virá despois da Web 2.0?

  1. Eu son dos que pensa que é unha tontería o de nomeala…que pasa, que un día vai sar a Web 3.0 así por que si?

    Por suposto que evolucionaremos, pero agora co gallo da Web 2.0 todo está en facer congresos, simposios e poñer nome.

    A onde evolucionamos? Á web semántica (o novo HTML xa o está a declarar), e aos microformatos sobre todo, que pode considerarse parte desa web semántica…a que se entenda todo mellor, e esté mellor identificado 🙂

  2. Concordo contigo, tamén penso que é unha tontería poñerlle nome… eu o fago para deixar as cousas máis claras (ou iso intento) :P.

    Si, xa hai traballos relacionados coa web semántica, é o que se supón que virá, pero eu aposto por unha mistura da web social (coas redes sociais de agora) e a web semántica.

    De feito a USC e outra universidade (coido que de Madrid) estan a desenvolver un proxecto de web semántica relacionada co camiño de Santiago. É algo interesante.

Os comentarios están pechados.