A rede francesa sen liberdade

Liberté, egalité, fraternité.

Ónde quedou iso? Qué fixeron os franceses? Sorprendente é o que está a facer Sarkozy en Francia e sorprendente é o último que fixo, máis polo extremismo do asunto que por outra cousa.

Resulta que Sarkozy chegou a un acordo cos ISP franceses e as asociacións tipo SGAE francesas para evitar que os usuarios descarguen cousas polas redes P2P. Agora, unha autoridade independente enviará como mínimo dúas ameazas (en forma de correo electrónico) aos usuarios que se descarguen pola rede P2P contido ilegal, e se o usuario segue a usar as redes P2P, o ISP poderá suspender temporalmente ou rescindir o contrato co usuario.

Eu pregúntome… qué pasa se descargas contido legal polas redes P2P? O goberno francés espiará o que descargas? Está claro que isto non é máis que outra medida represiva do goberno francés que agardamos que nunca chegue ao noso país. Agora Sarkozy teno máis doado para espiar e, quizais, mandar ao cárcere a alguén que pense distinto ou simplemente que proteste da súa política.

Sei que podo ser esaxerado, pero comézase por isto e non se sabe cando vai parar. Se cadra Sarkozy é listo (e malvado) e sabe que quen controle internet ten casi todo o poder do seu país.

3 reflexións sobre “A rede francesa sen liberdade

  1. No estoy de acuerdo en calificarlo como “contenido ilegal”. Se refiere a contenido legal, independientemente de la legitimidad o no de compartirlo.

    Ahora, ya me dirás cómo van a avisar por correo-e. Una “autoridad independiente” (osea, alguien) “mandará correos-e” (avisará como sea). Ya estoy viendo la chapuza 😛

  2. Mmm… con contenido ilegal me refiero a contenido con copyright que no se puede distribuir por P2P.

    Una autoridad independiente se refiere a una organización… no solo a una persona… no es muy dificil enviar un email automático (o no) a quien pillen usando mucho el emule, por ejemplo.

  3. O ataque dos neo-cons mutantes…

    O caso é que non hai xeito posible de saber se o que estas a baixar é legal ou non sen violar o dereito a intimidade, así que seguramente será unha desas leis que nacen mortas. Ou esperemos que así sexa :S

Os comentarios están pechados.