Hi-dily-ho II

Levo 3 anos no blogomillo e xa estiven en 3 weblogs distintos, este xa é o cuarto e espero que sexa o derradeiro. Mudeime de bitacoras.com polos continuos problemas de servidor que sufría o meu blog e, últimamente, polos problemas dos feed.

Comecei a bloguear en maio do 2003 no servidor gratuito de lycos.es e co sistema de Blogger, a cousa foi ben e sen problemas pero pouco a pouco quitáronseme as ganas de bloguear e funo deixando. Volvín a ter ganas de bloguear e decidín cambiar, está vez comecei, precisamente, o 25 de xullo do 2004 no servidor de webcindario e cun CMS bo que atopara de casualidade pola rede. O weblog apenas durou 3 meses actualizado, mais medio ano despois deume outra vez por bloguear. Desta vez foi un 17 de maio de 2005 (xuro que non escollo as datas), decidín dárlle un novo ar ao blog polo que cambiei de servidor e de sistema para pasarme a bitacoras.com, e tamén troquei o nome do blog, chamándose Estrela Negra. Máis dun ano despois volvo a cambiar de sistema e de servidor, múdome á blogaliza polos problemas de bitacoras.com mais agardo que sexa a derradeira mudanza.

Grazas a zetxek decidínme polo WordPress, pero como non teño tempo para montarme o meu propio servidor vou probar a ver que tal é blogaliza.

3 anos e moitos cambios, non si? Non vos olvidedes de actualizar a URL e os feed!

P.D.: Hi-dily-ho é o que di Ned Flanders en versión orixinal. En España é traducido por Hola holita.

5 reflexións sobre “Hi-dily-ho II

  1. Hola holita! Espero que te guste WordPress, tiene sus limitaciones pero la verdad es que es el CMS más extendido y (creo) avanzado 🙂 . Por lo que he leido, además puedes cambiar el theme por uno propio al tener el blog en blogaliza, así que encima tienen esa ventaja sobre WordPress.com.

    Lo que no sé si te interesa pero pienso que puedes hacer es importar los posts del anterior blog a este… (Exportar los posts en el menú extra de bitacoras.com [o algo así, no lo he hecho nunca] e importarlos en el panel de control de WordPress…).

    Saludos!

  2. joder.. ya estás cambiando otra vez.. que mareo.. tate quieto joer!! 😀

    por lo demas.. puedes exportar todos tus post del otro blog. solo tienes que hacer un backup desde la pagina de administracion. te devolvera un fichero de texto con extension sql. lo unico que debes hacer es editarlo cambiando todas las referencias de tu antiguo blog al nuevo..

    realizado esto.. lo metes con calzador (phpmyadmin) y ya has recuperado todo todo todo..

    saludos.

    pd: yo tambien estoy pensando en migrar. host.sk me deja hacer muchas cosas… pero tardan en avisar de fallos o cortes y joden un poco. saludos.

  3. zetxek, sí, podes pór e modificar vía web o theme que ti queiras, por iso me decantei por blogaliza :). Podo exportar os posts de bitacoras.com pero só deixa os deixa (no caso de bitacoras.com) mediante RSS e só pudien trasportar 5 posts e con fallos nos acentos polo que os borrei…

    misha, o meu anterior CMS non era WordPress, era Bitacorae. Supoño que aínda así se pode facer o que dis, pero non teño tempo de andar fedellando nas bases de datos :).

  4. mmm mmm.. iago.. lo de los acentos.. es por el tipo de codigicacion.. seguro q lo tienes en UTF-8.. pero podria ser latin1.. tienes que indagar en eso..

Os comentarios están pechados.