Resumo da XGN 07

Como xa dixen aquí vai o meu resumo da edición deste ano da XGN, unha das mellores partys de España. Xa sei que algo tarde pero entre o pouco tempo e a moita procrastinación non puiden :P.

Teño que dicir que o pasei moi ben, e non tiven ningún problema, bueno, se esquecemos o pequeno problema do ordenador, hehe. De todas formas co portátil dunha compañeira e con dous díscos duros puiden facer de todo o que quixen, xogar ao Counter Strike e ao Quake III… e descargar!

Penso que isto das descargar segue unha función exponencial, cada vez que vou a unha party descargo moito máis que a anterior, nesta ocasión foron arredor dos 300 Xb. Non está mal, pero a ver como organizo e copio toda a música, todas as series, películas, manuais, etc. que descarguei, levaráme tempo.

Non gañei nada, agás as camisetas de publicidade, non me tocou nadiña e iso que fun a varias conferencias e sempre sortean varias cousas en cada unha delas. As conferencias estiveron ben, algunhas aburridas, outras longas, pero a xente soe ir polos premios, non polo contido da conferencia, hehe.

Un pracer coñecer a Andrés Milleiro (déboche unha coca-cola xD) e atoparme outro ano máis con Sak. Unha mágoa non poder saudar a Besbellinha nin poder asisitr á charla que deu Berto e que estaba Modesto e máis Ghanito.

A extranet foi mellor que o ano pasado, o mellor de todo sen dúbida foron as 3 pistas de scalestrix e o combate de sumo. Pero se me quedo con algo da extranet e a risa que me deu a ver os gráficos da PlayStation 3… en fin, mellor non falar…

Para o ano volvo fixo, pero será a NX Conecta 07 a próxima?

Publicado en XGN

IaRRoVaWo VS Murphy (2)

A 33 horas da party quedei sen PC, o que faltaba. E todo por formatear e logo intentar instalar windows, algo que fixen moitas veces. O caso é que esta vez, despois de formatear e meter o CD de Windows XP, o ordenador dicía que non era capaz de cargar o ficheiro setuphdd.sys, e así con varios CDs (de Windows) distintos, con lectores distintos e con discos duros distintos. A cousa non ía. Incluso intentei instalar Ubuntu e Kubuntu (non podería xogar pero algo é algo), pero cando arrincaba o Live CD… kernel panic.

Menos mal que unha compañeira de clase que tamén asistía á party deixoume o seu portátil que se non non podería ir. Ao final todo ben, sen problema algún co portátil, menos mal…

Despois da party levei o PC á tenda e expliqueilles o que pasou… non me fixeron caso (pensaban que era problema do CD) e hoxe (sábado) por fin teño outra vez o PC na casa cun disco duro novo de 80xbs (aínda que non sei por que.. se o outro probeino e funciona ben… polo menos de esclavo) e supoño que cos drivers da placa base actualizados.

Todo isto dos ordenadores, será cousa do demo Murphy…

P.D.: Proximamente un post sobre a XGN.

IaRRoVaWo vs Murphy

Non sei que lle fixen a Edward Murphy pero a alianza MurphyMicrosoftAcer está acabando comigo.

Levo dende antes de fin de ano con problemas no portátil, non moi serios (o lector/gravador de CDs/DVDs) que me permitian traballar pero problemas igual… En xaneiro mandei o lector/gravador á fábrica e solucionaron o problema… pero viñeron máis problemas.

Despois de solucionar o problema do lector, as conexións USB comezaron a fallar e pouco despois comezou a fallar a bios. Durante máis dun mes tiven que presionar (e manter presionado) a parte que esta á dereita do touchpad e embaixo do teclado para que funcionase. O portátil quédabase parado literalmente, pausábase a pantalla e a circuiteria tamén, non procesaba nada, en cambio, pulsaba ahí e todo funcionaba normal.

Un mes enteiro (excepto na época de exames, que misteriosamente, todo funcionaba ben) facendo iso é moi incomodo, non traballas ben, bueno, non traballas directamente polo que ao día seguinte de rematar os exames envieino á fabrica. 16 ou 17 días despois (esta semana) xa o tiña de volta, cunha bios nova (do mesmo modelo).

Por fin respirei aliviado, supuxen que non habería problema, se ven de fábrica… ten que estar ben! Iluso de min… pensei que vencera a Murphy, pero non señor, aínda está aquí. Despois de dous minutos traballando co portátil a bios empeza a facer un ruido raro e zas! Pantallazo azul. E por moito que reiniciaba, ao minuto, 2 minutos, 5 minutos… o mesmo ruido e pantallazo azul. Ao día seguinte xa nin encendía, polo que agora está na tenda e o luns chamaránme e a ver que me din.

Fode moito, sobre todo para un informático, non ter o portátil a túa disposición. Xa é moito. Descoloca todos os plans e horarios (non poder levar a túa ferramenta de traballo á facultade) e é unha lata cargar co PC dende aquí ata Compostela… Ademáis agora que viña a XGN… quería levar o portátil.

En fin, se ides comprar un portátil pensadeo dúas veces antes de coller un Acer, non é boa marca.

Xuventude Galiza Net 2007

Este ano coma xa é costume celébrase en Compostela a XGN, unha das partys máis importantes de España (a terceira se non recordo mal). Por segundo ano asistirei e con máis ganas que o ano pasado.

Este ano houbo algo de polémica xa que o servidor petouse xusto no momento da inscripción polo que moita xente que levaba esperando 30 minutos antes da apertura tivo que estar 10 minutos (despois da apertura) sen poder inscribirse. Ao final non foi para tanto e entrou (case) todo o mundo. Para que vexades a diferenza do ano anterior a este, no ano pasado as prazas acabaronse aos 30 segundos e este ano acabaronse aos 15 minutos.

Este ano irei co meu portátil xa que é mellor que o PC e é máis cómodo. Aínda que nestes momentos ha de andar por Barcelona ou Berlín… onde carallo manden os Acer a arranxar…

Principalmente irei a compartir ficheiros que como todos os anos supoño que se fará a través do Direct Connect. Participarei no torneo de CS e de Quake III aínda que sexa só por iso de que o importante é participar… porque o que son posibilidades non teño, son malo neses xogos. Tamén penso participar no concurso de fotografía, lanzamento de CDs, descubre Santiago, e o Real Time Battle (a cousa máis friki do mundo). Por suposto tamén intentarei asistir a todas as conferencias posíbeis.

Intentarei ter todo apunto pero como todos os anos non vai a ser así e vou chegar ao pazo de congresos co disco duro cheo de cousas e sen facer ningún back-up.

Vemonos alí! Para máis info visitade o blog non oficial da XGN.