Resumo da XGN 07
16 abril 2007Como xa dixen aquí vai o meu resumo da edición deste ano da XGN, unha das mellores partys de España. Xa sei que algo tarde pero entre o pouco tempo e a moita procrastinación non puiden :P.
Teño que dicir que o pasei moi ben, e non tiven ningún problema, bueno, se esquecemos o pequeno problema do ordenador, hehe. De todas formas co portátil dunha compañeira e con dous díscos duros puiden facer de todo o que quixen, xogar ao Counter Strike e ao Quake III... e descargar!
Penso que isto das descargar segue unha función exponencial, cada vez que vou a unha party descargo moito máis que a anterior, nesta ocasión foron arredor dos 300 Xb. Non está mal, pero a ver como organizo e copio toda a música, todas as series, películas, manuais, etc. que descarguei, levaráme tempo.
Non gañei nada, agás as camisetas de publicidade, non me tocou nadiña e iso que fun a varias conferencias e sempre sortean varias cousas en cada unha delas. As conferencias estiveron ben, algunhas aburridas, outras longas, pero a xente soe ir polos premios, non polo contido da conferencia, hehe.
Un pracer coñecer a Andrés Milleiro (déboche unha coca-cola xD) e atoparme outro ano máis con Sak. Unha mágoa non poder saudar a Besbellinha nin poder asisitr á charla que deu Berto e que estaba Modesto e máis Ghanito.
A extranet foi mellor que o ano pasado, o mellor de todo sen dúbida foron as 3 pistas de scalestrix e o combate de sumo. Pero se me quedo con algo da extranet e a risa que me deu a ver os gráficos da PlayStation 3... en fin, mellor non falar...
Para o ano volvo fixo, pero será a NX Conecta 07 a próxima?
chuzame -