Que “guays” son os de movistar

Vai máis de dous anos que me din de alta no servizo YaVoy de Movistar. Este servizo fai que os que te chamen escoiten, en vez do tono normal, unha canción, unha voz ou un sonido gracioso, eu concretamente tiña a Darth Vader.

Ao principio era gracioso pero despois de dous meses, máis ou menos, decidín dárme de baixa. Todo foi ben, os que me chamaban xa non escoitaban a voz de Darth Vader e, aínda que era de tarxeta prepago e non o podía comprobar, supoñía que non me estaban a cobrar por ese servizo.

Despoís dun ano paseime a contrato e ao ver a primeira factura vin que me cobraban 50 ou 60 céntimos por algo que era Renovación YaVoy. E así todos os meses. Pero os tonos de chamada seguian a ser os normais, nin Darth Vader nin ningunha cancionciña.

O que tiña que facer é chamar a movistar para pedírlle explicacións pero entre unhas cousas e outras ata 8 meses despois (a semana pasada) non chamei. Pero como é mellor tarde que nunca, acordeime a semana pasada e chamei. Conteille todo o que me pasaou e se me podían devolver os cartos (da Renovación YaVoy) de todos esos meses, dixeronme que nese momento non me podían atender porque estaban mejorando los servicios informáticos para dárme una mejor calidad e que para dárme de baixa de YaVoy tiña que chamar a un número.

Dínme de baixa en YaVoy (outra vez) e agardei unha semana para que melloraran os servizos informáticos. Chamei outra vez e expliqueille todo outra vez á operadora, comprobou os datos que lle dixen e díxome que ía facer unha consulta e… colga. Quedei con cara de parvo. Volvín chamar e volvín a contarlle o mesmo a outra operadora pero esta pásame co departamento que se encarga de estas cousas.

A operadora do departamento explicoume que ao pasarme a contrato dínme de alta outra vez en YaVoy e non me podían devolver os cartos. Expliqueille que ao facerme de contrato non me din de alta en ningures e menos en YaVoy pero mentres lle estaba a explicar isto e antes de rematar, colgoume… Quedei con cara de parvo e cabreado.

Por qué me cobran un servizo que non quero? Por qué me cobran un servizo que nin se quera me dán? Por qué me dán de alta nun servizo que non quero? Por qué non me devolven os cartos que me estiveron roubando todo este tempo?

Non sei se volver a chamar outra vez, para que me fagan o mesmo… Supoño que irei a Consumo a poñerlle unha denuncia a Movistar, ou polo menos a que me digan que podo facer.

República ou Monarquía?

Joan Planas en Tengo 1 Pregunta lanzou á rúa unha moi interesante pregunta:

¿Debe existir la monarquía?

A verdade é que levaba tempo querendo saber que é o que opinaba a sociedade española con respecto á república. Segundo as respostas (que foron nun barrio de Barcelona e non en toda España, pero bueno) teño que dicir que non me sorpenderon, esperaba algo así.

Básicamente (e sempre segundo a miña opinión) na sociedade española hai máis persoas republicanas que monarquicas, moitas máis. Pero aínda son máis os indecisos ou os que pasan do tema. Unha proporción, de como eu o vexo, sería que o 5% está a favor da monarquía, o 15% a favor da república e o resto (65%) indecisos que pasan do tema e que nun hipotético referendo poderían votar a favor ou en contra.República

O Rei puido ter a súa función durante a transición pero agora xa non sirve para nada (nin el nin a súa familia). A monarquía non ten razón de ser, nin histórica nin social.

Para ben ou para mal asóciase a palabra república coa II República española e a todo o que iso conleva (guerra civil, franquismo). Este é o gran problema que ten hoxe a república para que cale na sociedade española. Pero hai que facer ver que Franza, os EUA, Brasil, México, Italia e moitos países son repúblicas e non botan de menos a un rei.

Aínda así cada vez hai máis xente que se da de conta que a monarquía non sirve para nada, so falta que este debate (monarquía ou república) salte aos medios de comunicación.

Atrévome a dicir que tarde ou temprano a república chegará a España, pouco a pouco chegará o referendo. A Infanta Leonor NON será raíña e pode que o seu pai tampouco o sexa.

Lazo verde

O 22 de abril é o Día da Terra e as organizacións ecoloxístas lanzaron unha campaña para que a cidadanía luza un lazo verde e así chamar a atención dos cidadáns, dos medios de comunicación e sobre todo dos políticos e os derrochadores de enerxía.

Outro xeito máis de protestar por este cambio climático que é culpa de todos pero que uns teñen máis culpa que oturos.

Vou ser FONeiro

Un amigo invitoume a unha foneira e aceptei. Para os que non o saiban, o movimento FON consiste en compartir a túa wifi para que os demáis se poidan conectar a ela, e así, ti tamén te poidas conectar a outras redes wifi do movimento. Podes cobrar para que a xente se conecte a túa wifi (pero neste caso ti tamén terás que pagar para conectarte a outras wifis) ou podes deixar que outros foneiros se conecten gratis, desta forma ti tamén poderás conectarte de balde.

O movimento FON ten moitas críticas na blogosfera española, quizais porque este tipo de cousas deberían ser levadas por unha asociación ou por un conxunto de usuarios e non por unha empresa. De todas formas a idea é boa aínda que non se leve a cabo da mellor forma.

A FONera é un trebello que se conecta ao teu router para poder compartir a túa conexión e o único requerimento é que ten que estar acesa polo menos unha vez por ano (se non terás que pagar 30 €) e cando queiras conectarte a outra wifi FON, a túa FONeira ten que estar activada.

Eu non creo que use outras redes FON moi amiudo, pero non me custa ter activado a FONera unha vez á semana, ou algún día e pode ter vantaxes, xa que se vou de vacacións podo ter sorte e atopar algun punto FON operativo e conectarme dende alí, o bo disto é que FON é a maior comunidade wifi polo que podo atopar algún punto en moitos paises. E ademáis, os mobiles con wifi e VoIP son o futuro polo que non esta mal ir apuntando se :).

A FONeira chegarame dentro dunhas semanas (se todo vai ben), saiume gratis aínda que custa uns 30 €uros, e supoño que cando me chegue tamén poderei invitar a alguén.

En contra da natureza?

Leo n’A Randeeira que no Museo de Historia Natural de Oslo apresentouse unha exposición fotográfica de máis de 1.500 animais con tendencias homosexuais ou bisexuais. Os organizadores afirman que a homosexualidade animal é moi común e moi extendido no mundo animal, desbotando a idea de que a homosexualidade nos homes é anti-natura.

Quen non viu un can macho fodendo (ou intentandoo) con outro can macho? Ao parecer comportamentos como este non son tan extraños no mundo animal e polo tanto tampouco son (ou deberían de ser) extraños nas persoas. Faime graza como a igrexa, os dereitistas e a xente escrava da sociedade é contraria á homosexualidade explicando que este fenómeno é contrario á natureza. A homosexualidade non é anti-natura, o anti-natural (por chamalo dalgun xeito) é a procreación (obter descendencia) entre dúas persoas do mesmo xénero pola simple razón de ser imposíbel (de momento). O que non é anti-natural é o amor e ahí cada persoa ama a quen lle pete, sexa home, sexa muller ou sexa calquera cousa.

Despois de ver a nova desta exposición, eu teño unha pregunta para eses que defenden que a homsexualidade e bisexualidade é anti-natura:

Que é máis anti-natural, un homsexual ou unha virxe que pariu un fillo?