Chamamento a todos os Porcos Bravos

Que foi dos mellores anos do Xabarín Club? Se queremos algo de información sobre aquela época, ónde está? Recibín un comentario de axuda de parte de Iria que reproduzo aquí:

olas, integrantes da xabaxeración!
aquí estamos un compañeiro e máis eu (16 e 17 anos respectivamente) que tentamos facerlle unha homenaxe a este programa mítico da nosa infancia na revista que en breve publicará por primeira vez o IES nº1 de Ordes impulsada polo equipo de normalización lingüística do centro. somos os únicos alumnos que nos interesamos por participar no proxecto e… ben… non temos modo de facer este artigo tan cariñoso e morriñento que nos propoñemos, porque na rede non hai nada que no-lo permita. non atopamos moito da súa historia, a web oficial non vai, e tampouco hai material para falar de toda a programación de hai 10 anos, a nosa programación, a de TNT, Arale, Contos dende a Cripta, o Mundo de Beakman, os míticos da nosa infancia… é un pouco triste… habemos ter que botar man tan só da nosa gastada e malgastada memoria… se alguén ten tempo, quere e pode enviarme algo que recorde, atope ou lle pareza interesante, este é o meu enderezo: iriuska_iria [en] hotmail [punto] com Graciñas e un bico!

E ten razón! Onde anda a información? A xabaweb? Existe?

O pouco que puiden atopar na rede é a entrada na wikipedia galega e na wikipedia castelá, os XabaTubos, os videos no YouTube por cortesía de tellaceibe e por cortesía de SiriusBelmont. E por suposto todo o que atopa google e a campaña de recollida de firmas que houbera vai tempo.

Pouca información, moi pouca para facerlle unha homenaxe. Chamo dende aquí a todos os porcos bravos que poidan ter/facer/conseguir información sobre os mellores anos ( sen dúbida) do Xabarín Club que lla envien a Iria. E por suposto, que publiquen (se pode ser) o resultado en internet para que toda a xenta o poida ver.

O Xabarín xa non é o que era

Confesome un porco bravo.

Pertenzo á Xeración Xabarín, esa que medrou tomando bocatas de nocilla ou queixo e xamón diante mentres via a Son Goku, Doraemon, Hatori o Ninja, e tantos outros mestres da miña infancia. Conservo o carné de socio (xa caducado) como unha reliquia e teño todas as cancións do Xabarín en MP3, un DVD cos mellores videoclips, dúas cassettes coas primeiras cancións e un libriño coas letras dalgunhas cancións e as notas para poder tócalas coa guitarra.

No 98 non puiden ir á XabaXira e este ano volverona facer, pero pesimamente. De milagre entereime pola TV que o día 24, é dicir, hoxe, a XabaXira 2006 chegará a Pontevedra pero non sabía a que hora.Xabarín Club Busquei cartaces e non atopei ningún e mirei a web… e bueno, mellor non comentar a web. Busquei no google e en todos os sitios dicia que ía ser o domingo 24 pero en ningures poñía a hora. Pero resulta que hoxe entérome que foi onte, o sábado 23, cando se realizou o evento, volvín buscar no google e atopei unha nova da CRTVG na que sí dicía que ía ser o 23, pero non dicía nin o lugar nin a hora.

En ningún xornal ven a nova da XabaXira e o que sí aparece é a xuntanza da terceira idade organizada por Quintana, que curiosamente coincidiu coa XabaXira igual que en Melide que tampouco foi anunciada.

É indignante que algo como esto non o anuncien e non haxa forma de enterarse. Xa non o digo polos nenos aos que lle gustaría ir, se non porque este é un novo proxecto relanzado para facer popular a A Galega e para que a nova xuventude galega medre, tamén, en galego. Pero visto como van as cousas, non sei que pretenden.