IaRRoVaWo VS Murphy (3)

Á cuarta irá a vencida? Non o sei e creo que tampouco quero sabe-lo.

Empezo a pensar que son gafe ou que hai un poltergeist na miña casa porque o que me pasa é máis raro que unha muller negra-musulmá-árabe-lesbiana-comunista presidenta dos Estados Unidos de América (levo tempo querendo dicir iso xD).

O portátil chegoume o venres e foi todo sen problemas, instalo programas, configuro, todo ben. O sábado pola mañá igual, todo ben… encendo o portátil, funciona ben pero o internet non ía. Era problema do router pero por si acaso reinicio e… misteriosamente xa non pasa da bios xDD… xa o tomo a risa. Ala, outra vez sen portátil. Dende febrero foi 2 veces á fábrica e aínda estou sen poder utilizalo…

Pero agarden, a cousa non acaba ahí. O PC de sobremesa funcionaba ben (e digo funcionaba) toda esta semana, e o venres inclusive, pero foi chegar o sábado á maña… e non carga Windows XP xDD. Xa nin me estrañou. En fin… os dous ordenadores que teño out of service misteriosamente. E non, eu non son das persoas que anda a trastos con eles ou que lles instala cousas raras e de dubidosa procedencia pero… Murphy miroume mal, que lle vou facer.

O do PC de sobremesa solucionouse formateando (perdin todas as descargas do eMule) pero o problema e que non tiña CD de Windows XP e misteriosamente nin Ubuntu nin Kubuntu querían instalarse. Atopei un CD de Windows XP Fenix Team que me deixara un amigo e instaleino, pero resulta que ese S.O. é unha merda, feo, inestable e aínda por riba teño o teclado desconfigurado. Instaleille o uTorrent e descarguei o Windows XP UE v6 recomendado por Andrés, o cal levoume toda a tarde.

Despois de postear instalarei esta versión do Windows XP a ver que tal vai, espero que sexa máis estable e poder instalar o Microsfot Project que o necesito para entregar un traballo o luns… non vos imaxinades o atrasado que vou cos traballos e prácticas na universidade.

GNU/Linux non é Windows

Moitos din que en GNU/Linux están os mesmos programas (ou programas similares que fan o mesmo) que en Windows e vice versa. Pero isto non é certo, por moito que o digan hai software que non hai nun S.O.

WINDOWS XP NON TEN BERYL!!!!

Así de forte! Despois de estar un mes usando exclusivamente Ubuntu 6.10 teño que traballar forzosamente en Windows XP (porque non sei como conectar cunha BD en Java dende Linux… ) e o primeiro que fixen (despois de dárlle a aceptar nunha ventaniña de erro do antivirus) foi pulsar Ctrl+Alt+Click e mover o rato… e resulta que o escritorio non se transformou nun cubo! Incríble!

Vale, podo pasar sen beryl durante unha temporadiña. Bueno, vou poñer música… Ahh!! Onde esta o amaroK? Existe a música sen amaroK? Buff… vaia sistema operativo o Windows…

Por moito que digan, hai programas en GNU/Linux que non hai en Windows, nin sequera programas similares. Non entendo como hai xente que aínda usa Windows… xD

Odio Windows e odio tamén os ordenadores en xeral

Si, xa sei que é raro que un (futuro) informático odie os ordenadores (que odie Windows é normal…), pero éche así a cousa. E non son un talibán de Linux, software libre, ou algo polo estilo. Odio Windows, e de rebote aos ordenadores, porque Murphy cando fixo as súas famosas leis, para demostralas empíricamente utilizou un ordenador con Windows.

Eu son dos que tratan ben o ordenador (neste caso portátil), non me gusta instalar algo (en Windows) que non saiba o que é, ao desinstalar un programa preocupome de que ese programa non deixe rastro borrando os cartafoles que non foron borrados, facendo unha limpeza de rexistro. Cada semana soio pasar o Ad-Aware para quitar todos os spy-wares e cada mes, máis ou menos, paso o antivirus (Norton). E sobre todo non instalo .dll’s raras ou ficheiros que poidan modificar cousas importantes de Windows.

Pero aínda así, Windows fódese. O peor é cando o usas para traballar, e peor aínda é se se fode nestas datas (época de exames). O pasado sábado tiña que escanear unhas imaxes para facer un traballo polo que fun instalar os drivers e programas do escaner. Instalo todo sen problema, escaneo sen problema, vou crear un cartafol para gardar a imaxe e… zas! Pantallazo azul.

Reinicio e pantallazo azul! Apago, volvo a iniciar e vai todo ben. Intento escanear pero seica os drivers non están instalados, no problem, meto o CD e… ei! agarda! onde carallo está o lector de CD? Ahh.. a saber!? Non está. Reinicio e non está. Reinicio e non está. Reinicio e non está. Reinicio, esta vez en Ubuntu, e si esta, polo que volvo reiniciar en Windows e desta aparece. Meto o CD pero Windows quedase pillado polo que teño que volver a reiniciar. E adiviñade, non está o lector! Reinicio outra vez e si que está. Meto o CD de novo, instalo drivers, escaneo, vai todo ben. Por fin xa escaneei todo. Entre unhas cousas e outras comecei ás 11:30 e ate as 15:00 non rematei (só para escanear 4 imaxes).

Parece que todo xa vai ben, Windows recoñece o lector, está todo escaneado, non da ningún erro aparente… pero, estou navegando tranquilamente co Firefox e… zas! Pantallazo azul! Apago e volvo a encender e o lector non está. Xa estaba raiado e pasei de comprobar nada. Decidín que… ate despois dos examens non me ía poñer a fedellar.

Agora o lector aparece e non aparece cando lle peta, a veces está e a veces non. O pantallazo azul dáme ás veces, cando estou navegando co firefox, sen facer nada especial. E bueno, é algo co que podo pasar ate despois dos exames. Pero o peor aínda está por chegar.

Un día despois descubro que o problema do lector é que está mal colocado, empuxoo e xa vai ben. Unha cousa menos, pero resulta que ás veces traballando Windows se queda pillado, non reacciona até algún tempo despois e o rató (USB) funciona ás veces e ás veces non. Cada vez vai indo a peor, e agora xa non funciona ningún porto USB, non podo nin ver/ler o que está no meu pendrive nin usar ningún rato (o touchpad éme moi incomodo), o peor de todo é que pasa o mesmo dende Ubuntu.

En fin… as cousas que ten traballar con ordenadores. O peor é que, se o asunto non se soluciona por si mesmo, estarei un mes sen ordenador.