O Xabarín xa non é o que era

Confesome un porco bravo.

Pertenzo á Xeración Xabarín, esa que medrou tomando bocatas de nocilla ou queixo e xamón diante mentres via a Son Goku, Doraemon, Hatori o Ninja, e tantos outros mestres da miña infancia. Conservo o carné de socio (xa caducado) como unha reliquia e teño todas as cancións do Xabarín en MP3, un DVD cos mellores videoclips, dúas cassettes coas primeiras cancións e un libriño coas letras dalgunhas cancións e as notas para poder tócalas coa guitarra.

No 98 non puiden ir á XabaXira e este ano volverona facer, pero pesimamente. De milagre entereime pola TV que o día 24, é dicir, hoxe, a XabaXira 2006 chegará a Pontevedra pero non sabía a que hora.Xabarín Club Busquei cartaces e non atopei ningún e mirei a web… e bueno, mellor non comentar a web. Busquei no google e en todos os sitios dicia que ía ser o domingo 24 pero en ningures poñía a hora. Pero resulta que hoxe entérome que foi onte, o sábado 23, cando se realizou o evento, volvín buscar no google e atopei unha nova da CRTVG na que sí dicía que ía ser o 23, pero non dicía nin o lugar nin a hora.

En ningún xornal ven a nova da XabaXira e o que sí aparece é a xuntanza da terceira idade organizada por Quintana, que curiosamente coincidiu coa XabaXira igual que en Melide que tampouco foi anunciada.

É indignante que algo como esto non o anuncien e non haxa forma de enterarse. Xa non o digo polos nenos aos que lle gustaría ir, se non porque este é un novo proxecto relanzado para facer popular a A Galega e para que a nova xuventude galega medre, tamén, en galego. Pero visto como van as cousas, non sei que pretenden.