GNU/Linux non é Windows
17 febreiro 2007Moitos din que en GNU/Linux están os mesmos programas (ou programas similares que fan o mesmo) que en Windows e vice versa. Pero isto non é certo, por moito que o digan hai software que non hai nun S.O.
WINDOWS XP NON TEN BERYL!!!!
Así de forte! Despois de estar un mes usando exclusivamente Ubuntu 6.10 teño que traballar forzosamente en Windows XP (porque non sei como conectar cunha BD en Java dende Linux... ) e o primeiro que fixen (despois de dárlle a aceptar nunha ventaniña de erro do antivirus) foi pulsar Ctrl+Alt+Click e mover o rato... e resulta que o escritorio non se transformou nun cubo! Incríble!
Vale, podo pasar sen beryl durante unha temporadiña. Bueno, vou poñer música... Ahh!! Onde esta o amaroK? Existe a música sen amaroK? Buff... vaia sistema operativo o Windows...
Por moito que digan, hai programas en GNU/Linux que non hai en Windows, nin sequera programas similares. Non entendo como hai xente que aínda usa Windows... xD
chuzame -