Arquivo de 'Procrastinación'

Época de exames

8 xuño 2007

Agora que estamos na época de exames toca concentrarse e liberarse de calquera distración e como unha das maiores distracións, polo menos para min que estudio co portátil, é internet pois toca controlar o seu fluxo.

Para iso vou facer agora mesmo unhas cousas para que a tentación de conectarme e navegar por internet sexa mínima.

  • Establecer Google como páxina de inicio. Dígolle un ata logo a Netvibes, para que ao iniciar o firefox non perda tempo lendo os RSS que ahí teño.
  • Desactivar o Google Reader Watcher. Esta extensión para o firefox sempre che esta a avisar de que tes cousas por ler e é unha auténtica distración. Aparcarei a miña lectura habitual de blogs ata que remate a época de exames (o 6 de xullo). Agora o Google Reader está por 155... a saber como estará dentro dun mes.
  • Pasar webs e/ou weblogs que quero/teño que ler aos Marcadores. Ben sei que isto me distrairá, pero hai webs que leo por RSS no Netvibes ou no Google Reader e que por unha cousa ou outra terei que ler de vez en cando, polo que é mellor que garde as súas direccións nos marcadores do firefox e así non perdo tempo buscandoas xunto a todos os meus RSS, que iso si que me pode distraer moito.
  • Controlarme polo twitter. Seica hai xente que lle saca unha utilidade práctica a isto do twitter, e é controlarse á hora de traballar... algo así como obligarte a ti mesmo a escribir o que deberías estar a facer e facelo. Probareino a ver se este método funciona.
  • Borrar todo tipo de historial, opcións de formulario, etc. É unha tonteria pero vou pasar o CCleaner para así borrar os historiais do firefox, así cando teña que escribir unha URL na barra de direccións ou algo na búsqueda de google, non se me amosarán outras cousas que me poderían distraer... non sería a primeira vez que me pasa :-).

Estarei quasi-incomunicado ata que rematen os exames, para calquera cousa o mail :-).

Chuzame! chuzame -

Sen tempo e sen organización

26 abril 2007

Ando metido en mil lios e aínda por riba chega a época de traballos e exames, o que fai que non teña todo o tempo desexado para adicarlle ao blog. Hai miles de cousas que non escribo e que non escribirei porque non teño tempo e xa pasaron de moda.

Bueno, máis que tempo, seguro que é unha mistura entre tempo, organización, procrastinación e preguiza. Isto é algo que quero solucionar, sobre todo agora que xa esta ahí a época de exames e se acumula todo.

Por iso, e despois de descubrir no blog de Andrés Milleiro o libro Organízate con eficacia (que parece que funciona) decidín mercalo aquí en Compostela. O libro ten moi boa pinta, de feito deixeillo unha tarde ao meu compañeiro de piso que leu un capítulo por enrriba e di que está bastante ben. Agardo que me axude.

Namentres podedes lerme nalgúns sitios para os que si teño tempo, ou non necesito tanto tempo como para este blog. Podedes lerme en Trebellos, o primeiro blog comercial sobre gadgets en galego, en Cornucopia, un blog colaborativo (aínda non está operativo), en Mocos Locos Mentales, un experimento de tumbleblog (a última moda!), e por suposto, podedes saber o que estou a facer no Twitter.

A ver de onde saco tempo para ler o libro!

Actualización: Olvidouseme comentar que tamén podedes lerme en Frases das rúas.

Chuzame! chuzame -

Procrastinando

13 febreiro 2007

Descubrín hai pouco que son procrastinado (aínda non sei como carallo se pronuncia) e sufro de procrastinación. E algo inculto tamén son porque sempre veo leo na blogosfera este palabro e pensaba que era algún tipo de broma (que eu non entendía) sobre o podcasting ou algo similar... supoño que sería porque as dúas palabras teñen un p, un o, vamos, que pra min comezan parecido.

O caso é que descubrín o outro día o que era. É algo así coma aplazar o que estas a facer, xa sexa un proxecto persoal, un proxecto do traballo, o que sexa, para facer outra cousa que se che acaba de ocurrir. E antes de rematar esa cousa que se che acaba de ocurrir, poste a facer outra cousa, e antes de rematar, comezas outra cousa...

Eu pensaba que isto pasábame só a min porque era moi vago, pero cando descubrín a procrastinación atopeime con que non era o único, que ao parecer é algo moi común en todas as persoas que "viven" (entre comiñas) na internet ou dos ordenadores e parece que é algo serio. Agora vou intentar ser menos procrastinado, organizarme mellor e intentar facer as cousas, senón este segundo cuadrimestre non vai ir moi ben...

Antes definiame como vago ou preguiceiro... agora me defino como procrastinado que soa máis friki :-).

Chuzame! chuzame -