Incultura activa e incultura pasiva
16 Xuño 2007Todos somos incultos. Non é nada malo, e incluso pódese considerar que é algo bo.
A maioría somos incultos pasivos, non temos nin idea dun determinado tema pero nin falamos nin opinamos sobre él, e ás veces intentamos aprender. Ás veces tamén somos incultos activos, é dicir, aínda que non temos nin idea dun tema, falamos e opinamos como se tal.
Ser inculto activo é algo malo nalgúns casos, pero hai persoas nos que este tipo de incultismo é grave, como por exemplo os periodistas. Practicar a incultura activa nunha profesión que se supón que consiste en informar obxetivamente non é unha boa cousa, ás vece sucede por obrigación, outras por estar mal informados e outras porque se é mal periodista.
Este post ven a conta de Sara Gallardo, redactora da revista Escaparate de Sevilla. Nesa revista, Sara, escribiu unha columna de opinión na que falaba dos frikis, dicindo barbaridades como que todos os frikis teñen acne, son altos, delgados, non se duchan e teñen o pelo grasento. Ou que os geeks son os líderes dos frikis porque saben de todo: informática, rol, manga, internet, comics, star wars, spiderman, etc. Pero o mellor de todo é que todos os frikis son ateos e comunistas-republicanos.
Podedes ler o artigo clicando aquí, e tamén a viñeta que fixo Geek in love. Lede o artigo, non ten desperdicio, ademáis de dicir moitas tonterías comete moitas faltas de ortografía.
Non é que este indigando por como tratan aos frikies e non por outras cousas que se pode ver e ler na prensa... pero é que isto é a maior merda que vin dende vai tempo.
chuzame -