Mensaxeiro instantáneo

Hoxe en día case non se pode concebir internet sen algún tipo de software que che permite comunicarte cos demáis. Estou a falar dos programas IM.

Ao principio de todo, ala polo 2000 ou 2001 eu usaba o IRC (mIRC + PhAnATiC ScRiPT) e o chat do Napster, durante un tempo usei o Yahoo Messenger pero ao final deixei de usalo. Estiven nas redes do IRC durante bastante tempo ata que, como todo o mundo, paseime ao Windows Messenger. Despois, coas actualizacións, o Windows Messenger convertiuse no MSN Messenger e finalmente no Windows Live Messenger, que é o que uso agora xunto ao GTalk. Para VoIP uso o Skype e en GNU/Linux utilizo o aMSN e/ou o Gaim (agora Pidgin), e tamén probei o Gajim.

Pero… cal é o mellor?

De todos os os IM (independentemente da plataforma), o que máis me gusta esteticamente é o Pidgin, simple, bonito e configurable. Agora ben, en canto a funcións o que máis me gusta é o Windows Live Messenger. Hai funcións que uso moito cos meus contactos da rede MSN, como o zumbido (nudge), a webcam, o envio de son, os guiños, os mensaxes manuscritos (mensaxes debuxados), e poder coller os smileys personalizados de cada contacto. E tamén se bota en falta a extensión Resaltado do Kopete. Aínda que son unhas funcións chorras e pode que molestas, bótome unhas risas cos meus colegas.

Desgraciadamente o Pidgin non ten ningunha desas funcións polo que, como uso dúas redes (MSN e Jabber) en Windows terei que usar Windows Live Messenger e GTalk e en GNU/Linux aMSN (anti-aliasing script) e Pidgin. Por iso, aínda que Pidgin sexa o máis bonito (para min) esteticamente lle faltan unhas cantas funcións:

  • Soporte para webcam.
  • Soporte para envio e recibo de son.
  • Botón para facer un zumbido nas redes MSN. Ten o comando /nudge pero non ten o botón.
  • Poder coller os smilyes dos teus contactos.
  • Enviar e recibir guiños cos contactos da rede MSN.
  • Enviar e recibir mensaxes debuxados cos contactos da rede MSN.
  • Poder resaltar (e reproducir son) algunha palabra (que ti elixas) dos teus mensaxes entrantes.

Se Pidgin implementase todo iso, ou incluso non todo, conformome só con algunhas cousas, sería o meu IM preferido, e o usaría tanto en Windows coma en GNU/Linux. Dáme igual se se implementa mediante plugins ou no programa en si pero sería xenial que o Pidgin implementase todo iso.

De momento conformareime así, e agardarei a novas versións que parece que vai a haber cambios. E enviarei tickets para as funcións que non vaian ser implementadas.

GNU/Linux non é Windows

Moitos din que en GNU/Linux están os mesmos programas (ou programas similares que fan o mesmo) que en Windows e vice versa. Pero isto non é certo, por moito que o digan hai software que non hai nun S.O.

WINDOWS XP NON TEN BERYL!!!!

Así de forte! Despois de estar un mes usando exclusivamente Ubuntu 6.10 teño que traballar forzosamente en Windows XP (porque non sei como conectar cunha BD en Java dende Linux… ) e o primeiro que fixen (despois de dárlle a aceptar nunha ventaniña de erro do antivirus) foi pulsar Ctrl+Alt+Click e mover o rato… e resulta que o escritorio non se transformou nun cubo! Incríble!

Vale, podo pasar sen beryl durante unha temporadiña. Bueno, vou poñer música… Ahh!! Onde esta o amaroK? Existe a música sen amaroK? Buff… vaia sistema operativo o Windows…

Por moito que digan, hai programas en GNU/Linux que non hai en Windows, nin sequera programas similares. Non entendo como hai xente que aínda usa Windows… xD