Discos duros ou DVDs?

Eu son dos que ten moreas e moreas de CDs e DVDs sen nome dos que non teño nin idea do que teñen. Son música, películas, xogos, manuais, videos, etc. que descarguei (en partys, por exemplo), unha enchenta de gigas! Calculo que serán uns 200 CDs e/ou DVDs cheos de datos que non sei o que son.

Qué facer con todo isto? Pois quero catalogalos, é dicir, quero saber que ten cada CD/DVD e non olvidalo, para iso este verán quería facer unha base de datos pequena e ir gardando nela unha descripción do contido de cada CD/DVD. Vaime levar a hostia de tempo, pero hai que facelo.

Pero de nada me serve facer iso se logo sego co mesmo sistema para gardar ficheiros. Por iso teño dúbidas sobre como gardar os ficheiros que xa non me caben no disco duro. Teño dúas opcións: DVDs (Blu-Ray ou HD-DVD no futuro) ou díscos duros. Cada un destes soportes ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes.

Os DVDs só teñen unha capacidade de 4 Gb polo que para unhas cousas pode chegar (películas) pero para outras como por exemplo discografías, series de televisión e videoclips non chega. Son máis fráxiles porque cun simple raiazo xa se poden perder todos os datos, ademáis non se poden borrar polo que as cousas que se poidan actualizar (programas, discografías, calidade de películas) seguirán ocupando espazo. Por outra banda os DVDs son máis baratos (1 Gb de DVD é 30 céntimos máis barata que a dun dísco duro, máis ou menos), máis portábles e os ficheiros que non vas a usar con frecuencia non ocupan espazo lóxico, só físico.

Os discos duros, teñen capacidade variable (hoxe en día arredor de 250 Gb) e se os metes en carcasas USB convírtense en portables. O inconveniente é que se tes ficheiros que non vas usar en moito tempo (como por exemplo películas) ocupan espazo físico, pero por outra banda podes acceder a calquera ficheiro ao instante. Se comparamos espazo lóxico/espazo físico os díscos duros ocupan moito menos espazo físico pero son máis caros pero tampouco tanto.

Supoño que a solución ideal é algo a medias, mercar discos duros segundo os vaia necesitando e gravar algúns ficheiros en DVDs, como por exemplo as películas.

Mensaxeiro instantáneo

Hoxe en día case non se pode concebir internet sen algún tipo de software que che permite comunicarte cos demáis. Estou a falar dos programas IM.

Ao principio de todo, ala polo 2000 ou 2001 eu usaba o IRC (mIRC + PhAnATiC ScRiPT) e o chat do Napster, durante un tempo usei o Yahoo Messenger pero ao final deixei de usalo. Estiven nas redes do IRC durante bastante tempo ata que, como todo o mundo, paseime ao Windows Messenger. Despois, coas actualizacións, o Windows Messenger convertiuse no MSN Messenger e finalmente no Windows Live Messenger, que é o que uso agora xunto ao GTalk. Para VoIP uso o Skype e en GNU/Linux utilizo o aMSN e/ou o Gaim (agora Pidgin), e tamén probei o Gajim.

Pero… cal é o mellor?

De todos os os IM (independentemente da plataforma), o que máis me gusta esteticamente é o Pidgin, simple, bonito e configurable. Agora ben, en canto a funcións o que máis me gusta é o Windows Live Messenger. Hai funcións que uso moito cos meus contactos da rede MSN, como o zumbido (nudge), a webcam, o envio de son, os guiños, os mensaxes manuscritos (mensaxes debuxados), e poder coller os smileys personalizados de cada contacto. E tamén se bota en falta a extensión Resaltado do Kopete. Aínda que son unhas funcións chorras e pode que molestas, bótome unhas risas cos meus colegas.

Desgraciadamente o Pidgin non ten ningunha desas funcións polo que, como uso dúas redes (MSN e Jabber) en Windows terei que usar Windows Live Messenger e GTalk e en GNU/Linux aMSN (anti-aliasing script) e Pidgin. Por iso, aínda que Pidgin sexa o máis bonito (para min) esteticamente lle faltan unhas cantas funcións:

  • Soporte para webcam.
  • Soporte para envio e recibo de son.
  • Botón para facer un zumbido nas redes MSN. Ten o comando /nudge pero non ten o botón.
  • Poder coller os smilyes dos teus contactos.
  • Enviar e recibir guiños cos contactos da rede MSN.
  • Enviar e recibir mensaxes debuxados cos contactos da rede MSN.
  • Poder resaltar (e reproducir son) algunha palabra (que ti elixas) dos teus mensaxes entrantes.

Se Pidgin implementase todo iso, ou incluso non todo, conformome só con algunhas cousas, sería o meu IM preferido, e o usaría tanto en Windows coma en GNU/Linux. Dáme igual se se implementa mediante plugins ou no programa en si pero sería xenial que o Pidgin implementase todo iso.

De momento conformareime así, e agardarei a novas versións que parece que vai a haber cambios. E enviarei tickets para as funcións que non vaian ser implementadas.

Outra vez con portátil

Acer 5634Por fin!

Xa teño un novo portátil nas miñas mans. Dende outubro/novembro de 2006 estiven traballando cun portátil estropeado e dende marzo deste ano non quedeime sen portátil xa que estaba (supostamente) arranxandose na fábrica.

Pero os de Acer son algo bos e deronme outro portátil, un portátil novo e un modelo superior ao que tiña. A verdade é que está bastante ben, pasei dun Acer 1694 a un Acer 5634.

Ten un Intel Centrino Duo, unha tarxeta gráfica GEFORCE GO 7300, unha webcam integrada e un sistema de son 3D que non me convence. A tarxeta de son é a Realtek Audio High Definition que permite, con só os dous altavoces do portátil, reproducir o son como se estiveras nun entorno 3D, é dicir, percibir o son dende adiante, dende atras, dende os lados.

O que é un pouco coñazo xa que aparte do son 3D utiliza ecualizadores (eu nunca os usei noutros programas) e é un coñazo ter que cambiar cada dous por tres. Ademáis reproduce todo dunha forma extraña, o sons do MSN Messenger, por exemplo, son outros, reproduce todo nun entorno 3D e chega a ser raiante. A música é un coñazo, non sei se é porque este sistema é malo para un portátil ou porque aínda non o sei configurar ben…

Polo demáis: un bo portátil, moito mellor, sen dúbida, do que tiña antes. Xa estou desexando poñerlle Ubuntu a ver que tal se porta.

IaRRoVaWo VS Murphy (3)

Á cuarta irá a vencida? Non o sei e creo que tampouco quero sabe-lo.

Empezo a pensar que son gafe ou que hai un poltergeist na miña casa porque o que me pasa é máis raro que unha muller negra-musulmá-árabe-lesbiana-comunista presidenta dos Estados Unidos de América (levo tempo querendo dicir iso xD).

O portátil chegoume o venres e foi todo sen problemas, instalo programas, configuro, todo ben. O sábado pola mañá igual, todo ben… encendo o portátil, funciona ben pero o internet non ía. Era problema do router pero por si acaso reinicio e… misteriosamente xa non pasa da bios xDD… xa o tomo a risa. Ala, outra vez sen portátil. Dende febrero foi 2 veces á fábrica e aínda estou sen poder utilizalo…

Pero agarden, a cousa non acaba ahí. O PC de sobremesa funcionaba ben (e digo funcionaba) toda esta semana, e o venres inclusive, pero foi chegar o sábado á maña… e non carga Windows XP xDD. Xa nin me estrañou. En fin… os dous ordenadores que teño out of service misteriosamente. E non, eu non son das persoas que anda a trastos con eles ou que lles instala cousas raras e de dubidosa procedencia pero… Murphy miroume mal, que lle vou facer.

O do PC de sobremesa solucionouse formateando (perdin todas as descargas do eMule) pero o problema e que non tiña CD de Windows XP e misteriosamente nin Ubuntu nin Kubuntu querían instalarse. Atopei un CD de Windows XP Fenix Team que me deixara un amigo e instaleino, pero resulta que ese S.O. é unha merda, feo, inestable e aínda por riba teño o teclado desconfigurado. Instaleille o uTorrent e descarguei o Windows XP UE v6 recomendado por Andrés, o cal levoume toda a tarde.

Despois de postear instalarei esta versión do Windows XP a ver que tal vai, espero que sexa máis estable e poder instalar o Microsfot Project que o necesito para entregar un traballo o luns… non vos imaxinades o atrasado que vou cos traballos e prácticas na universidade.

IaRRoVaWo VS Murphy (2)

A 33 horas da party quedei sen PC, o que faltaba. E todo por formatear e logo intentar instalar windows, algo que fixen moitas veces. O caso é que esta vez, despois de formatear e meter o CD de Windows XP, o ordenador dicía que non era capaz de cargar o ficheiro setuphdd.sys, e así con varios CDs (de Windows) distintos, con lectores distintos e con discos duros distintos. A cousa non ía. Incluso intentei instalar Ubuntu e Kubuntu (non podería xogar pero algo é algo), pero cando arrincaba o Live CD… kernel panic.

Menos mal que unha compañeira de clase que tamén asistía á party deixoume o seu portátil que se non non podería ir. Ao final todo ben, sen problema algún co portátil, menos mal…

Despois da party levei o PC á tenda e expliqueilles o que pasou… non me fixeron caso (pensaban que era problema do CD) e hoxe (sábado) por fin teño outra vez o PC na casa cun disco duro novo de 80xbs (aínda que non sei por que.. se o outro probeino e funciona ben… polo menos de esclavo) e supoño que cos drivers da placa base actualizados.

Todo isto dos ordenadores, será cousa do demo Murphy…

P.D.: Proximamente un post sobre a XGN.

IaRRoVaWo vs Murphy

Non sei que lle fixen a Edward Murphy pero a alianza MurphyMicrosoftAcer está acabando comigo.

Levo dende antes de fin de ano con problemas no portátil, non moi serios (o lector/gravador de CDs/DVDs) que me permitian traballar pero problemas igual… En xaneiro mandei o lector/gravador á fábrica e solucionaron o problema… pero viñeron máis problemas.

Despois de solucionar o problema do lector, as conexións USB comezaron a fallar e pouco despois comezou a fallar a bios. Durante máis dun mes tiven que presionar (e manter presionado) a parte que esta á dereita do touchpad e embaixo do teclado para que funcionase. O portátil quédabase parado literalmente, pausábase a pantalla e a circuiteria tamén, non procesaba nada, en cambio, pulsaba ahí e todo funcionaba normal.

Un mes enteiro (excepto na época de exames, que misteriosamente, todo funcionaba ben) facendo iso é moi incomodo, non traballas ben, bueno, non traballas directamente polo que ao día seguinte de rematar os exames envieino á fabrica. 16 ou 17 días despois (esta semana) xa o tiña de volta, cunha bios nova (do mesmo modelo).

Por fin respirei aliviado, supuxen que non habería problema, se ven de fábrica… ten que estar ben! Iluso de min… pensei que vencera a Murphy, pero non señor, aínda está aquí. Despois de dous minutos traballando co portátil a bios empeza a facer un ruido raro e zas! Pantallazo azul. E por moito que reiniciaba, ao minuto, 2 minutos, 5 minutos… o mesmo ruido e pantallazo azul. Ao día seguinte xa nin encendía, polo que agora está na tenda e o luns chamaránme e a ver que me din.

Fode moito, sobre todo para un informático, non ter o portátil a túa disposición. Xa é moito. Descoloca todos os plans e horarios (non poder levar a túa ferramenta de traballo á facultade) e é unha lata cargar co PC dende aquí ata Compostela… Ademáis agora que viña a XGN… quería levar o portátil.

En fin, se ides comprar un portátil pensadeo dúas veces antes de coller un Acer, non é boa marca.

Xuventude Galiza Net 2007

Este ano coma xa é costume celébrase en Compostela a XGN, unha das partys máis importantes de España (a terceira se non recordo mal). Por segundo ano asistirei e con máis ganas que o ano pasado.

Este ano houbo algo de polémica xa que o servidor petouse xusto no momento da inscripción polo que moita xente que levaba esperando 30 minutos antes da apertura tivo que estar 10 minutos (despois da apertura) sen poder inscribirse. Ao final non foi para tanto e entrou (case) todo o mundo. Para que vexades a diferenza do ano anterior a este, no ano pasado as prazas acabaronse aos 30 segundos e este ano acabaronse aos 15 minutos.

Este ano irei co meu portátil xa que é mellor que o PC e é máis cómodo. Aínda que nestes momentos ha de andar por Barcelona ou Berlín… onde carallo manden os Acer a arranxar…

Principalmente irei a compartir ficheiros que como todos os anos supoño que se fará a través do Direct Connect. Participarei no torneo de CS e de Quake III aínda que sexa só por iso de que o importante é participar… porque o que son posibilidades non teño, son malo neses xogos. Tamén penso participar no concurso de fotografía, lanzamento de CDs, descubre Santiago, e o Real Time Battle (a cousa máis friki do mundo). Por suposto tamén intentarei asistir a todas as conferencias posíbeis.

Intentarei ter todo apunto pero como todos os anos non vai a ser así e vou chegar ao pazo de congresos co disco duro cheo de cousas e sen facer ningún back-up.

Vemonos alí! Para máis info visitade o blog non oficial da XGN.