Papa Noel

Este ano as pupieiriñas informaron ben a Papa Noel e, aínda que o nadal xa non é coma cando era pequerrecho, si que houbo un chisquiño de ilusión.

Debaixo da árbore atopei dous agasallos, un era unha tarxeta MMC Mobile de 1 Gb para o meu móbil e o cd-dvd-libro de panxoliñas galegas, O Quiquriqui.

Agora xa podo meter cancións e películas, e sacar todas as fotos que queira co meu móbil mentres escoito cancións populares galegas :P.

Fito & Fitipaldis

O pasado 17 de novembro fun ao concertazo de Fito & Fitipaldis no IFEVI de Vigo. Primeiro tocaron de teloneiros os Zodiacs, un grupo de Getxo que toca un rock con toques punks e garage bastante bo. Pronto chegou Fito e comezou a festa. Tocaron cancións do seu último traballo, cancións míticas de outros discos e tamén tocaron cancións de Platero y Tú e de Extrechinato y Tú. A pena é que eu quería que tocara A la sombra de mi sombra de Extrechinato y Tú e Yo no soy Bo Diddley do último disco de Fito & Fitipaldis. O concerto foi xenial, como só Fito sabe facer as cousas. Aquí vos deixo con algunhas fotos e videos que saquei co meu móbil.

Aquí vos deixo só dous dos videos que saquei, se queredes máis avisademo que os subo todos:

O novo disco de Dover

Dover sacou un novo disco chamado Follow the City Lights onde fai un cambio radical na súa música cambiando o seu estilo. O grupo pasa de tocar un rock puro nos seus anteriores traballos a tocar un rock electrónico achegado ao pop neste último disco. A moitos non lles gustou esta comercialización de Dover xa que hai un cambio radical de cancións míticas como Devil Came To Me, King George, DJ ou Serenade ao último single, Let Me Out.

Eu, coma fan de Dover, gosto moito do novo disco. Follow the City Lights non é comparábel aos seus discos Devil Came To Me e Late at Night que xa non son os mellores discos de Dover, senon uns dos mellores discos do rock internacional, na miña opinion. Pero este último disco (Follow the City Lights) segue tendo un “aquel” que o fai característico dun disco de Dover. Por iso merquei (13.95 €) o disco e difruto del, Dover mistura moi ben o rock coa música electronica facendo, quizais, un disco algo comercial que sorprende ao principio pero que non ten porque estar mal, de feito está moi ben, e como xa dixen, as cancións teñen ese toque “Dover” que tanto me gusta.

O que xa non me gustou tanto é ao poñer o CD nun sistema operativo Windows, salta un programa horríbel que reproduce as cancións e dáche a opción de ir á zona vip da web. En Windows, non se pode escoitar o CD co teu reprodutor favorito e non se poden pasar as cancións a MP3, xa que non aparecen as pistas por ningures, só o programa. Ademáis na zona vip, que só podes acceder a ela se mercas o CD, só podes escoitar (nin tan sequera descargar) 3 versións do single Let Me Out, a radio edit, o remix e versión instrumental.

Isto, que supoño que será idea da discográfica, só beneficia á discográfica porque así evita que se fagan copias doadamente e perxudica ao gurpo e sobretodo ao usuario porque este está privado de facerlle unha copia privada ao seu disco e non pode pasar a MP3 as cancións para levalas no seu reproductor MP3 o simplemente gardalas no ordenador para escoitalas cando lle pete e non ter que estar co CD a todas horas.

Menos mal que teño Ubuntu e con el si que podo pasar as cancións a Ogg e logo a MP3. Qué fariamos sen o software libre? 😛

Loituma

Internet é o lugar de onde saen as cousas máis raras e máis frikis. Despois do coche de Ferrari, do Numa Numa Guy, de Chuk Norris e mesmo de Opa, chega Loituma Girl.

http://dojo.fi/~rancid/loituma__.swf é unha animación flash de so 4 frames na que Inoue, unha moza dunha serie manga, fai xirar un porro en circulos, mentres de fondo soa unha canción moi pegadiza. A lenda urbana di que os que miran esta animación fican hipnotizados, de feito no youtube podemos ver videos de xente que se gravou coa súa webcam como son hipnotizados, coma este rapaz ou estotutro.

Investigando pola rede achei que a canción tan pegadiza que soa de fondo é Ievan Polkka cantada polo grupo Loituma. Ieven Polkka é unha canción tradicional finesa cantada en savo que conta a historia de Eva, unha moza que se escapa da casa para ir a unha festa, e ao rematar esta, a moza atopa que a súa nai esta enfadada, pero aínda así seguira vendose co seu novo mozo que atopou na festa. No youtube podemos ver un video en directo de Loituma cantando esta canción.

Este fenómeno de internet que se iniciou en abril deste ano (a pesar de que a canción é dos anos 30 e foi gravada no 1995) popularizou a canción e ao grupo Loituma. De feito en algúns paises xa están a vender a cancionciña como tono para os móbiles. A canción mola e antes de que chegue a moda a España e teñamos a canción ata na soupa, eu vou pór a canción no meu móbil, así serei marcarei tendencia ;-).

Blogmusik

Por fin teño un iPod!… aínda que sexa virtual. Vía Capítulo 0 e Chuza! atopo Blogmusik, unha das mellorciñas páxinas que hai na internet. A web é un reprodutor con forma de iPod (en branco ou en negro) que ten un buscador de artistas e podes crear e organizar varias playlists. O bo é que o servizo conta con moitas cancións (unhas 125.000) xa que colle as cancións de un montón de radios por toda internet.

Entre as súas cousas boas está que podes engadir o buscador de cancións ao Firefox e podes pór ligazóns na túa web ou blog ás cancións que che interesen ou ás túas playlists. Ademáis conta cunha lista con todos os estilos musicais das cancións e outra lista ordeada alfabeticamente de todos os artistas dos que podes escoitar cancións.

Levo pouco tempo nesta web e xa atopei cancións que non coñecía e grupos estupendos que xa están na lista de descargas do eMule.

Un deses grupos é Les Betteraves, ska-punk francés, que se separou e agora continuan con Guerilla Poubelle. Soan moi ben, a música francesa sempre me chamou a atención e estes o fan ben, a canción coa que os descubrín é un intento de imitar a Manu Chao, ou unha parodía del, o caso é que é ben curiosa.

solo mi con mi pena
sola va mi condiena
solo mi con mi pena
para lo la la lee
pedi to con mi corason
en la grande babilón
tequila maguiguana
vamos a la playa
shabalababidu
bi bi du birubirubira
te quiero mi amorra
mi amorra ayista
la la la
shibiru clandestino
avirau clandestino
Manu Chao millauu

Outras cancións interesantes que atopei no pouco tempo que estiven: