República ou Monarquía?
18 maio 2007Joan Planas en Tengo 1 Pregunta lanzou á rúa unha moi interesante pregunta:
¿Debe existir la monarquía?
A verdade é que levaba tempo querendo saber que é o que opinaba a sociedade española con respecto á república. Segundo as respostas (que foron nun barrio de Barcelona e non en toda España, pero bueno) teño que dicir que non me sorpenderon, esperaba algo así.
Básicamente (e sempre segundo a miña opinión) na sociedade española hai máis persoas republicanas que monarquicas, moitas máis. Pero aínda son máis os indecisos ou os que pasan do tema. Unha proporción, de como eu o vexo, sería que o 5% está a favor da monarquía, o 15% a favor da república e o resto (65%) indecisos que pasan do tema e que nun hipotético referendo poderían votar a favor ou en contra.
O Rei puido ter a súa función durante a transición pero agora xa non sirve para nada (nin el nin a súa familia). A monarquía non ten razón de ser, nin histórica nin social.
Para ben ou para mal asóciase a palabra república coa II República española e a todo o que iso conleva (guerra civil, franquismo). Este é o gran problema que ten hoxe a república para que cale na sociedade española. Pero hai que facer ver que Franza, os EUA, Brasil, México, Italia e moitos países son repúblicas e non botan de menos a un rei.
Aínda así cada vez hai máis xente que se da de conta que a monarquía non sirve para nada, so falta que este debate (monarquía ou república) salte aos medios de comunicación.
Atrévome a dicir que tarde ou temprano a república chegará a España, pouco a pouco chegará o referendo. A Infanta Leonor NON será raíña e pode que o seu pai tampouco o sexa.
chuzame - 