Moleskine
15 maio 2007
Unha moleskine, ou, un moleskine é un caderno especial, ten dúas características: a súa calidade e o seu romanticismo.
É un caderno que seguro víchedes algunha vez na televisión, por exemplo en Amelie, K-Pax, Shall We Dance ou Magnolia entre outras. E é que as moleskines teñen historia. Foi usado por personalidades da talla de Picasso, Hemingway, Van Gogh, Oscar Wilde, e moitos outros personaxes vangardistas e bohemios da época. Era unha libreta de viaxantes fabricado case artesanalmente en París, de onde se surtían todos estas persoas.
En 1986 morreu o derradeiro manufactureiro das Moleskines levando o segredo da súa fabricación á tumba. Pero grazas a Bruce Chatwin que as describerá moi ben, Modo et Modo, unha empresa italiana, comezou a fabricalas en 1998 coas descricións de Chatwin, chegando así ata hoxe.
A súa calidade é moi boa. Son de diferentes tamaños con tapas dun tipo de pel chamado moleskin, que fai que a tapa sexa dura e resistente. Ademáis teñen unha goma elástica que impide que se abra e se fodan as follas. Hai moitos tipos de moleskines, xa non só o tipo de papel (pautados, cuadriculados, especiais para acuarelas, en branco...) senon que tamén hai axendas, guías telefónica, e agora hai unhas guías urbanas de cidades que traen mapas e moita información.
As moleskines son moi populares en todo o mundo, hai moitos blogs que falan delas e moitas webs sobre elas. Cabe destacar a web MoleskineArt que trata sobre arte (debuxos, collages, etc.) fita nunha moleskine, e máis, o grupo Moleskinerie e o tag Moleskine no Flickr.
Eu teño unha, pequena, na que anoto ideas, historias, collages... cábeme nos petos e a levo a calquera sitio!
chuzame -