Papa Noel

Este ano as pupieiriñas informaron ben a Papa Noel e, aínda que o nadal xa non é coma cando era pequerrecho, si que houbo un chisquiño de ilusión.

Debaixo da árbore atopei dous agasallos, un era unha tarxeta MMC Mobile de 1 Gb para o meu móbil e o cd-dvd-libro de panxoliñas galegas, O Quiquriqui.

Agora xa podo meter cancións e películas, e sacar todas as fotos que queira co meu móbil mentres escoito cancións populares galegas :P.

Movistar VS Compañias lowcost

Xa comezou a guerra entre as compañías de telefonía móbil fortes coma Movistar (descoñezo se Vodafone e Orange entraron tamén na guerra pero supoño que si) contra as novas compañías de telefonía móbil lowcost coma Yoigo. Isto é a letra pequena da factura que me chegou este mes:

movistar informa: Nuevas tarifas. Desde 01/01/07: […] Nuevas tarifas en llamadas a móviles de otros operadores excepto Vodafone y Orange: Será aplicable un incremento de 0,06€/min en el precio correspondiente a la modalidad de contrato del cliente.

Continuan a roubar.

Somos más, cobramos más

A partir do 18 de decembro MoviStar vai cobrar todas as consultas, que se fagan por teléfono, do estado dos gastos nos móbiles con contrato. Van cobrar 15 céntimos por chamar ao 666 sen dar ningunha consulta gratis como fan nos prepago.

E a que ven isto? Pois non sei, seica o lema somos más, paga menos non é tal e en realidade é somos más, cobramos más. Son 15 céntimos que para nos quizais non sexa tanto, pero para eles é moito. Ao parecer hai 11.394 clientes de contarato, poñamos que todos eses consultan os seus gastos unha vez ao mes 11394 x 0’15 = 1709’1 € que gañaría movistar nun só mes, se iso o multiplicamos por 12 (un ano) dá 20509’2 € que gañaría telefonica nun ano, só por cobrar 15 céntimos a cada usuario. Pero, supoñamos que non todos consultan o saldo, que só o fan 5.000 persoas, menos da metade. Neste caso, nun mes, telefonica, gañaría 750 € e nun ano 9000 €. Unha burrada de cartos.

Que fai a competencia? Pois nada. A competencia en España é de risa, e de feito, movistar era a única compañía que non cobraba ate o de agora a consulta de saldo.

Nokia N70

Comecei nisto dos móbiles cun Philips Savvy e despois dalguns anos e por problemas coas teclas merquei un mítico Nokia 3330 que xa non era o último da época pero si un dos mellores móbiles. Máis de dous anos despois e por culpa da bateria din o salto aos móbiles multimedia e a cor, mercando un Motorola V535 que aos poucos meses xa ía mal de software ata que por fin, un ano despois, merquei, grazas ás ofertas de migración (de prepago a contrato) de movistar, un Nokia N70.

Nokia é para min a mellor marca de móbiles hoxe en día e coa súa gama Nseries superaronse a si mesmos. Son bos móbiles con sistema operativo Symbian e con moitas posibilidades. Concretamente o N70 é 3G, ten dúas camaras, unha de 2 megapixeles con flash e outra secundaria VGA, grava e reproduce video de boa calidade, pode funcionar como reprodutor MP3 (Ogg e outros formatos), ten radio FM, soporta Java (J2ME), conexións GSM, UMTS, GPRS, WAP e bluetooth, unha memoria interna de 22Mb e posibilidade de meter unha memoria RS-MMC. O paquete do móbil trae cable USB, cascos, cargador e adaptador para cargadores antigos e unha memoria RS-MMC de 56Mb.

O bo dos móbiles con sistema operativo, neste caso Symbian, é que permiten a instalación de programas e xogos sen que sexan java. Desta forma e cunha tarxeta de memoria non moi grande xa que os programas ocupan pouquiño podes ter cousas interesantes (e outras non tanto) no peto. O máis útil pode ser un rueiro (e un mapa do metro se viaxas a unha cidade onde os haxa) que se pode convertir nun GPS se mercamos un adaptador. Outra cousa útil pode ser un programa que convirta ao móbil nunha lanterna ou o acrobat reader ou un lector de documentos de oficina como os .doc, .xls, etc. Tamén hai programas de edición de video, retoque (moi simple) de fotografías, reprodutores mp3, ogg, etc.. Hai outros que están ahí e como ocupan pouquiño non podes evitar non telos, como un programa de camara espia, un programa que che di se un dispositivo bluetooth esta lonxe ou preto, etc. Os xogos xa son outra cousa comparada cos java. Hai emuladores para a Nintendo, a Super Nintendo, a Game Boy, MegaDrive, a MAME!! Os vicios son maiores.