Meme: 5 cousas que che gustaría ter

Andrés Milleiro envioume un meme (aínda teño que facer outro) sobre 5 cousas que me gustaría ter. Teño máis de 5 cousas rondándome a cabeza polo que vai ser doado escoller 5. Ahí van:

  • O Nokia N95. É para min un dos mellores (se non o mellor) móbiles que hai agora mesmo no mercado, ten de todo. Eu teño un Nokia N70, se teño que mercar outro móbil será un mellor como o N95.
  • A Nintendo DS. Son un fanboy de Nintendo e esta consola portátil teneme unha pinta…
  • Unha cámara reflex díxital das boas, coma a Canon EOS 400D. A fotografía é un hobby para min, preciso dunha boa cámara, non?
  • Un servidor en casa. Un vellor ordenador que estea todo o tempo conectado a internet e que poida ter o eMule a descargar e ademáis que me permita ter páxinas web, bases de datos, etc.
  • Varios xogos da Wii… xa sei que isto é máis de unha cousa… pero é que quero o Mario Galaxy, o Guitar Hero III e o Mario Kart Wii.

Ahí están as 5 (~7) cousas que me gustaría ter. Pásolle este meme a Marcus, anllo, Fer e quen queira, por suposto.

Même: recoméndame blogs

Última semana de clases, xa case están ahi os exames e eu estou a tope de prácticas e traballos que entregar. Non teño tempo para case nada e menos para postear. Quería dar a miña opinión sobre as eleccións e tamén falar dalgún outro tema, pero vai ser que non podo. Por iso vos deixo cun même de recordar blogs que recollo de Marcus e de 7 minutos antes de medianoche.

O même consiste en recomendar blogs, os que queiras e polo motivo que queiras, facendo unha pequena explicación.

  • Videoblog de Joan Planas: Un videoblog con catro canles, onde destaco especialmente a canle de Tengo 1 pregunta, onde Joan Planas e o seu equipo (Cristina) saen á rúa de Barcelona para preguntarlle á xente a pregunta máis votada da súa web.
  • Versvs’ Blog: Un blog con noticias e moi bos artigos sobre privacidade, dereitos, RFID, software libre, etc. Porque 1984 está máis preto do que pensamos, un blog para enterarse das cousas malas que o goberno e os bancos non nos van dicir.
  • Ion Litio: O blog máis friki que coñezo pero que ademáis de ser un blog friki ten boas historias e curiosidades. Un blog imprescindible para esa xente que naceu en calquera ano da década dos 80 (1989 incluido).
  • Alberto Montt: Este é un blog ou fotolog (segundo o interpretes ti..) que descubrín hoxe, pero non podo deixar de reocmendalo xa que as viñetas que pón son boisimas. Ademáis parece que actualiza amiudo.
  • Trebellos: E Trebellos, por suposto ;-). Un blog sobre gadgets en galego, para estar informado de todo o que pasa no mundo dos aparatiños.

E estos son uns poucos blogs, hai moitisimos máis recomendables, pero hoxe apetecíame recomendar estos. Paso este même a quen lle apeteza recomendar blogs :-).

Meme, o porqué do nome do blog

Andrés pasoume un meme no que me pregunta polo nome deste blog. A verdade é que últimamente estaba pensando no porqué de Estrela Negra, coido que nin eu o sei moi ben, hehe.

O meu primeiro blog (e o seguinte) titularonse O Weblog de IaRRoVaWo (que orixinal!), até que un día deixei de bloguear. Pero esas veces que deixas de bloguear por falta de tempo, aburrimento ou por que non tes ganas, logo volves con máis ganas aínda, e eu tiña ganas de volver pero “cambiando de aires”, cun blog novo. Púxenme a buscar un novo nome (e servidor) e atopei Estrela Negra. O símbolo da estrela de cinco puntas, sen as connotacións políticas que leva, sempre foi un símbolo que me gustou, o utilizaba dacote para moitas cousas, e por iso elixin a estrela. O negro é unha das miñas cores favoritas e supoño que é por isto polo que elixin esta cor, pero o negro tamén representa máis, o negro é, ao meu modo de ver, unha cor de rebeldía, unha cor que está en contra das masas, unha cor de soidade. Pouco despois de crear o blog entereime de que a estrela negra tamén é un símbolo da anarquía, o cal non me disgustou, ao contrario. A unión da estrela e do negro deu o nome deste blog :).

Outros nomes que barallei foron rosa negra, estrela solitaria ou lonely star, e como curiosidade, á selección de futbol de Ghana chámanlle estrela negra.

Envio este “meme” a todos os que queiran explicar o nome do seu blog, pero en especial a Westopia, A Randeeira e a Nemeth.