Meme: 5 cousas que che gustaría ter
10 setembro 2007Andrés Milleiro envioume un meme (aínda teño que facer outro) sobre 5 cousas que me gustaría ter. Teño máis de 5 cousas rondándome a cabeza polo que vai ser doado escoller 5. Ahí van:
- O Nokia N95. É para min un dos mellores (se non o mellor) móbiles que hai agora mesmo no mercado, ten de todo. Eu teño un Nokia N70, se teño que mercar outro móbil será un mellor como o N95.
- A Nintendo DS. Son un fanboy de Nintendo e esta consola portátil teneme unha pinta...
- Unha cámara reflex díxital das boas, coma a Canon EOS 400D. A fotografía é un hobby para min, preciso dunha boa cámara, non?
- Un servidor en casa. Un vellor ordenador que estea todo o tempo conectado a internet e que poida ter o eMule a descargar e ademáis que me permita ter páxinas web, bases de datos, etc.
- Varios xogos da Wii... xa sei que isto é máis de unha cousa... pero é que quero o Mario Galaxy, o Guitar Hero III e o Mario Kart Wii.
Ahí están as 5 (~7) cousas que me gustaría ter. Pásolle este meme a Marcus, anllo, Fer e quen queira, por suposto.
chuzame -
O meu